Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos insta a recuperar o PAC, do que se beneficiaban anualmente unha media de 20 asociacións mosenses

Aprobouse onte en Pleno unha moción neste senso.

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou na súa sesión ordinaria do mes de maio unha moción do grupo municipal do Partido Popular para recuperar o Plan de Acción Comunitaria, PAC, da Deputación de Pontevedra.


A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o voceiro do PP local, Camilo Augusto, declararon que “a Deputación de Pontevedra caracterizouse sempre por ofrecer liñas de axudas a colectivos, que resultaron ser fundamentais para sustentar e impulsar as iniciativas das asociacións veciñais, culturais, deportivas ou sociais da provincia e por suposto do Concello de Mos”.


“Unha desas liñas importantes”, continuaron explicando os representantes municipais, “era o Plan de Acción Comunitaria (PAC), destinado ás  asociacións veciñais da provincia. A través deste programa, en 2015 repartíronse 1 millón de euros entre preto de 300 colectivos de toda a provincia (dos que alomenos 20 eran de Mos), que atoparon neste apoio a oportunidade de desenvolver iniciativas tan importantes e necesarias como a mellora de traídas de augas, de camiños ou mesmo o arranxo e equipamento das propias casas veciñais”.


Actualmente as asociacións e colectivos de Mos non saben a onde dirixirse nin contan xa con esta liña de axudas que tanto necesitan. Neste sentido Arévalo informaba onte de que o municipio de Mos era un dos máis beneficiados polo Plan de Acción Comunitaria, polo gran número de asociacións existentes na localidade e, entre elas, tamén o elevado número delas que solicitaban axudas con cargo a este Plan. “Ademais dende o Concello sempre nos preocupamos de axudar ós colectivos mosenses a tramitar as subvencións e facerlles o seguemento pertinente”. “Polo que agora non podemos máis que continuar coa defensa das asociacións e da cultura deste Concello, que sen o PAC quedarán desprovistas duns fondos vitais para a súa supervivencia e dos que se beneficiaban dende asociacións veciñais, culturais, comunidades de augas, cemiterios, igrexas, etc.” Entre todos eles anualmente a localidade mosense viña sumando entre 50.000 e 60.000 euros do PAC que os colectivos destinaban a obras de mellora dos seus locais e infraestruturas e dos que agora están desprovistos.


Os gobernos do Partido Popular na Deputación de Pontevedra apostaron polo Plan de Acción Comunitaria como unha ferramenta para mellorar o medio rural e as barriadas urbanas, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que lles permitira aos seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida; e para dinamizar ás propias agrupacións de veciños, co obxecto de aumentar a súa capacidade de xestión e de resolución de problemas, fomentar a súa participación nos distintos ámbitos de actuación e propiciar a súa sustentabilidade. Obxectivos que conseguiron e cos que as asociacións pontevedresas en xeral, e mosenses en particular, estaban encantadas e moi satisfeitas.


“Pero este apoio desvaneceuse co actual goberno bipartito da Deputación de Pontevedra, que eliminou de un plumazo unha liña de axudas que eran básicas e necesarias para reforzar os pequenos investimentos en zonas do rural, e dese xeito, igualar as oportunidades entre o rural e o urbano. E o fixeron da peor forma posible, deixando ao marxe ás propias asociacións veciñais que a día de hoxe son alleas a esta decisión, porque nin se lles ofrecen as razóns que levaron a eliminalas, nin se lles deixa argumentar a necesidade de seguir contando con elas” argumentou o edil mosense de Coordinación de Asociacións Veciñais, Patrimonio e Servizos; Camilo Augusto.


E é por isto que mediante a aprobación en Pleno desta moción, o Concello de Mos insta á Deputación de Pontevedra a que recupere o Plan de Acción Comunitaria para este ano 2016  e convocatorias sucesivas, e que conceda as axudas de forma directa ás asociacións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.