Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 02 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Consorcio de Augas do Louro aproba investimentos por mais de 1,8 millóns de euros en parroquias dos concellos de Salceda, Tui, Mos e o Porriño

[Img #25287]

 

O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado martes inversións en infraestruturas de saneamento e abastecemento por valor de mais de 1,8 millóns de euros. A inversión mais importante corresponde ao proxecto de saneamento na parroquia de Entenza, en Salceda de Caselas, que supón unha inversión superior a un millón e terá capacidade para dar servizo a mais de 600 habitantes. Súmase a esta inversión as previstas para retirada e substitución de canalizacións de fibrocemento na rede de abastecemento de O Porriño, a renovación integral de diversas instalacións no sistema de abastecemento de Tui ou unha campaña de renovación de canalizacións de saneamento en Mos.


Por outra banda, o Consorcio aprobou un crédito extraordinario de 578.000 € que permitirá executar unha rede de saneamento en Gándara, na parroquia de Tameiga (Mos), mellorar o servizo de abastecemento en Caldelas (Tui) e realizar grandes reparacións nas instalacións de saneamento ou abastecemento en O Porriño.


Deste xeito, o importe total de inversións con fondos propios do Consorcio ascende a mais de un millón oitocentos mil euros, todos eles derivados das taxas que se veñen aplicando dende xaneiro de 2014.


O Comité Directivo acordou tamén a posta en funcionamento tanto das canalizacións de saneamento en San Estevo de Budiño, Salceda de Caselas, executadas por Augas de Galicia, como das que percorren o núcleo de O Cerquido en O Porriño. Deste xeito, os usuarios xa poden solicitar a autorización de servizo nas oficinas do Consorcio que se atopan en calquera dos catro concellos.


A esta importante actuación, súmanse as finalizadas pola Confederación Hidrográfica do MiñoSil e Augas de Galicia en 2015 para o saneamento en O Porriño e o bombeo en Areas (Tui).


Finalmente, o Comité Directivo decidiu os catro primeiros premios (un por cada concello) do concurso escolar sobre “O ciclo urbano da auga; unha aventura para valentes”. Haberá outros oito premios para os finalistas (dous por cada concello) que se decidirán en función das votacións que reciba cada un dos debuxos seleccionados, paa o cal o Consorcio ten habilitado unha aplicación que se pode utilizar a través da páxina web do Consorcio www.consorciodolouro.es.


O último día de votación será o domingo 5 de xuño, coincidindo co día mundial do medio ambiente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.