A GUARDA
A Guarda recibe 40.000 € da Deputación para rehabilitar e construír un miradoiro
No que vai de ano a Deputación de Pontevedra leva investido na vila 481.156,49 €, máis do 67% do total adxudicado á Guarda no marco do Plan Concellos 2016.
O goberno provincial, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha achega ao concello da Guarda dentro da liña 1, investimentos, do seu Plan Concellos 2016. Esta contía destinarase á rehabilitación e construción dun miradoiro no municipio.
Tamén dentro do Plan Concellos, esta cantidade engádese aos 147.600 € xa adxudicados para obras de mellora no pavillón das Solanas e a adquisición dunha varredora para os servizos municipais. Dentro da liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– aprobáronse 26.689,50 € para o Entroido, o Torneo de Xadrez, as Andainas, a Feira do Libro, o programa Atletismo na Natureza, a Exposición 2016 e a IX Gala do Deporte. Ao abeiro da liña 4 –emprego– outorgáronse 160.037,50 € para a contratación de 24 empregados e empregadas que realizan diferentes tarefas municipais. Así mesmo, a Deputación de Pontevedra tamén destinou 106.945,39 € aos gastos correntes (liña 2) da vila.
No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra leva entregado xa 481.156,49 € ao concello da Guarda. Isto supón o 67,5% do total presupostado no Plan Concellos para este municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149