Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Aberta a inscrición na X Marcha BTT Concello de Mos

A proba atópase incluída na programación das Festas da Rosa e levarase a cabo o domingo 12 de xuño pola mañá.

[Img #25348]

 

O concelleiro de Deportes e tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, anunciou esta semana que, dentro da programación das Festas da Rosa 2016, realizarase unha Marcha Mountainbike que sairá dende o Pavillón Óscar Pereiro o domingo 12 de xuño ás 9.30 horas. Trátase da X Marcha BTT Concello de Mos coa que colaboran a Peña BTT Cristo de Belén, Jarabullo Bike e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.


A inscrición pode formalizarse dende xa e o prezo ascende a 5 euros por participante se se fai antes do día 10 de xuño e 8 euros o propio día da marcha a partir das 08.30 horas da mañá. A inscrición leva incluído o seguro en ambos casos.


Esta é unha actividade deportiva dirixida a maiores de 18 anos ou a menores de entre 15 e 17 anos de idade con autorización por escrito dos seus pais e/ou titores. Os participantes, que farán un percorrido de 33 quilómetros de lonxitude con dificultade media-alta, deberán levar casco obrigatorio e recibirán avituallamento á metade da marcha e uns pinchos e sorteo de agasallos ó remate da proba. Haberá tamén servizos de duchas e lavado de bicis.


Os interesados en obter máis información sobre a marcha poden chamar ós teléfonos 678928960 ou 635490027 ou consultar a web jarabullobike.com

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.