GALICIA
A Policía Autonómica investiga A 42 persoas no marco dunha operación contra o furtivismo na Ría de Ferrol
Finaliza a primeira fase da “Operación Raño”, na que tamén se comisaron 1.100 quilos de bivalvo e numeroso material para a súa extracción ilegal.
![[Img #25346]](upload/img/periodico/img_25346.jpg)
A Policía Autonómica informou da finalización da primeira fase dunha operación contra o furtivismo na Ría de Ferrol. A denominada “Operación Raño” saldouse con 42 persoas investigadas e 1.100 quilos de bivalvo comisado.
Ademais, os axentes da UPA fixéronse con numeroso material para a práctica ilegal de extracción e transporte, como vehículos, traxes de neopreno, raños ou capachos; e levantaron ata 694 actas de infracción á Lei de Pesca de Galicia.
O bivalvo requisado pertencía a zonas prohibidas e presentaba un valor “E.Coli” dez veces superior ao permitido pola lei
Con motivo do aumento da actividade extractiva de bivalvo en zonas de alto risco para o consumo humano na ría de Ferrol, o Equipo de Resposta Policial da Autonómica (ERPOL) desenvolveu un dispositivo de vixilancia, baixo a dirección do Xulgado nº 1 de Ferrol.
Froito destas investigacións, determinouse a existencia de varios grupos organizados que se encargan da extracción de forma ilegal de molusco procedente de zonas C -as de máis carga contaminante e das que os moluscos só se poden comercializar tras ir á reinstalación ou pasar polos procesos térmicos indicados na lexislación en vigor- mentres que outros encárganse de clasificar o marisco, depositalo momentaneamente en varios locais e posteriormente transportalo.
A investigación centrouse en determinar o itinerario do produto así obtido. Deste xeito, constatouse que o marisco saía directamente de forma ilegal de zonas C para as depuradoras, sen ter pasado antes polo proceso de reinstalación, operación imprescindible para que o molusco poida chegar ao mercado con todas as garantías hixiénico-sanitarias.
No dispositivo contouse co apoio técnico da Subdirección Xeral de Gardacostas e do Instituto Tecnolóxico do Mar
Unha vez determinado que saía ao mercado a través da depuradora de Cambados, con autorización xudicial, procedeuse ao comiso dunha entrega in fraganti das cantidades sinaladas: 1.100 quilos. O bivalvo analizouse, concluíndo que presentaba un valor “E.Coli” dez veces superior ao permitido pola lei.
Doutra banda, procedeuse ao rexistro de dúas vivendas e dous locais, intervíndose gran cantidade de material para o furtivismo, que tivo que ser trasladado en dous camións. Con esta actuación, péchase o círculo desde a extracción do bivalvo na Ría ata a chegada ao consumidor.
No dispositivo contouse co apoio técnico da Subdirección Xeral de Gardacostas e do Instituto Tecnolóxico do Mar (Intecmar).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149