Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

ASODIFISI: un cuarto de século traballando pola integración

A Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos celebra o seu 25 cumpreanos

[Img #25354]

 

A Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, celebrou esta tarde o seu 25 aniversario cunha gala conmemorativa na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e outros membros da Corporación Municipal.

 

Cómpre destacar tamén a presencia de Asunción Monroy, presidenta de Asodifisi e María Carrera, expresidenta de Asodifisi. Así coma de Ramón Sestayo, vicepresidente de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). E asistiu tamén Digna Rivas Gómez, deputada de Cohesión Social e Xuventude.

 

 

[Img #25352]

O evento levouse a cabo no auditorio do edificio Multiusos de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, a partir das 18.00 horas; e contou coas actuacións musicais de Xulio Lorenzo e Alberto Cunha.

 

Os labores de presentador e maestro de ceremonias correron a cargo de Juan Lorenzo.

 

E un momento moi importante da tarde marcouno tamén a intervención da doutora Flor Pérez, colaboradora destacada nestes 25 anos da Asociación.

 

 

 

[Img #25353]Ademais dos concertos, emitiuse unha proxección audiovisual sobre os 25 anos de historia da Asociación e pechouse o acto de celebración cun sorteo de agasallos doados por distintas empresas e particulares colaboradores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.