PROVINCIA
A Xunta de Goberno aproba o pagamento de 34 bolsas de mobilidade no marco do proxecto Erasmus + Practicum Depo 2015
En total a institución provincial destinará 62.000 € ó pagamento das 34 bolsas.
![[Img #25384]](upload/img/periodico/img_25384.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o pagamento de 34 bolsas de mobilidade por valor de preto de 62.000 € ó alumnado participante na primeira mobilidade do proxecto Erasmus + “Practicum Depo 2015”. A través deste proxecto a institución provincial promove a permanencia no estranxeiro de estudantes maiores de 18 anos de ciclos medios de Formación Profesional co obxectivo de realizar prácticas en empresas durante 196 días e facilitar a inserción laboral, posibilitar a adquisición de novos contidos relacionados coa súa profesión, dar a coñecer a cultura do país de destino, mellorar as competencias lingüísticas e completar os seus coñecementos.
Erasmus + Practicum Depo promove a realización de prácticas en países da Unión Europea, facilitando a inserción laboral e optimizando as competencias lingüísticas das e dos participantes
As o os participantes na primeira mobilidade do programa Erasmus + Practicum Depo 2015 percibiron xa o 80% da contía da bolsa quedando o 20% restante pendente de pagar tras rematar a estadía no estranxeiro, realizar o cuestionario EU SURVEY e superar a proba de nivel de idioma a través da ferramenta Online Linguistic Support. Unha vez cumprimentados estes requisitos do proceso, a Xunta de Goberno aprobou o pagamento deste 20% restante, é dicir, as 34 bolseiras e bolseiros percibirán entre 1.587 € e 1.920 €. Amais, as e os estudantes recibiron un certificado de asistencia na empresa estranxeira, un diploma de aproveitamento de prácticas no estranxeiro expedido pola Deputación de Pontevedra e o documento de mobilidade Europass.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149