DEPORTES
Este domingo celébrase a V Eurocidade 10
A saída e a meta estará no Paseo da Corredoira de Tui. Os máis de 400 participantes que se agardan completarán 10 quilómetros entre Tui e Valença.
![[Img #25378]](upload/img/periodico/img_25378.jpg)
Máis de 400 persoas son as que se agardan que participen este domingo na V Eurocidade 10, unha proba deportiva organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. Serán dez quilómetros de percorrido por Tui e Valença, sendo un evento único nas súas características xa que percorre dúas cidades, dous países e atravesa unha ponte internacional, amais de atravesar o conxunto histórico tudense e a fortaleza valenciana.
A presentación desta proba tivo lugar na casa do concello de Tui
Entre as novidades deste ano está o establecemento de premios en metálico de 150€ € para o primeiro e a primeira clasificados absolutos, 100 € para o segundo e a segunda e 50 € para o terceiro e a terceira. Amais haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría tanto masculina coma feminina, e coma novidade tamén para os tres primeiros da Eurocidade homes e mulleres.
O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, 8 de xuño, ás 23:59h a través de Championchipnorte. O prezo é de 4€, máis 1€ de aluguer do chip.
A saída e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira. O percorrido irá pola rúa Augusto González Besada, Martínez Padín, Avenida de Portugal, cruzará a vella ponte internacional para facer un percorrido polo perímetro interior e polo exterior da muralla de Valença, regresará a Tui cruzando de novo a ponte, para pola beira do Miño achegarse ata os xardíns e rematar de novo na Corredoira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217