GALICIA
Rescatadores de Gardacostas de Galicia ensinan aos de Australia os seus procedementos de traballo
Dous nadadores de rescate australianos visitaron esta semana as instalacións do helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia e realizaron diferentes accións de formación con membros do servizo aéreo de rescate de Gardacostas.
![[Img #25400]](upload/img/periodico/img_25400.jpg)
Dous nadadores de rescate australianos visitaron esta semana as instalacións do helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia en Vigo e realizaron diferentes accións de formación con membros do servizo aéreo de rescate de Gardacostas, co obxectivo de coñecer os procedementos e o equipamento utilizado na nosa comunidade para os rescates e as e evacuacións aeromédicas.
Os rescatadores australianos realizaron esta visita interesados pola traxectoria de máis de 25 anos de experiencia deste servizo da Xunta e polos medios cos que conta Galicia en materia de salvamento. Durante a visita intercambiaron experiencias cos seus homólogos galegos que lle explicaron o seu sistema de traballo e os medios que utilizan. Ademais, fixeron prácticas de natación e adestramento na ría de Vigo co equipo que empregan os rescatadores do Servizo de Gardacostas.
Tras esta visita, a vindeira semana, cinco rescatadores do Servizo de Gardacostas e os rescatadores australianos asistirán ao Encontro Mundial de Nadadores de Rescate que se celebra en La Spezia (Italia) do 8 ao 10 de xuño. Nestas xornadas asistirán a conferencias, visitarán unha base de helicópteros, asistirán a un exercicio de salvamento e intercambiarán experiencias de traballo.
Servizo de Gardacostas
O Servizo de Gardacostas é o organismo dependente da Consellería do Mar que ten as funcións de vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Estrutúrase en servizos centrais e en unidades operativas distribuídas por todo o litoral de Galicia. Para desenvolver os seus labores por vía aérea o servizo conta co helicóptero Pesca 1, con base en Vigo e co Pesca 2, con base en Celeiro. No ano 2015 este servizo cumpriu 25 anos de historia e neste tempo salvou a vida de máis de 1.500 persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149