Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 07 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva espera unha final da Copa Deputación cun ambiente de irmanamento pero tamén de gran fútbol

O Club Deportivo Choco e o Club de Fútbol Alondras enfróntanse as 21 horas mañan mércores no campo de O Vao.

[Img #25407]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo hoxe  a presentación da final da Copa Deputación de Fútbol masculino que enfrontará ao Choco e ao Alondras mañan mércores día 8 as 21 horas no campo de O Vao (Vigo). No acto de presentación estiveron presentes  o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, organizadora da Copa, Gustavo Falque; o presidente do Choco, Iván Crespo; o vicepresidente do Alondras, Pepín García e varios xogadores de ambos equipos.


 Silva fixo un chamamento a todos os afeccionados e afeccionadas para "que se veñan ao campo do Coruxo a ver a dous equipos desta provincia que xogan na terceira división e que son un auténtico referente do fútbol na nosa provincia".


A Presidenta da Deputación subliñou que espera un "gran ambiente de irmanamento entre as afeccións e entre os xogadores pero tamén de rivalidade no xogo por acadar a Copa Deputación". Carmela Silva recordou a importancia que para a Deputación ten o deporte e subliñou que "tras romper co sistema de reparto de axudas polas simpatías do anterior presidente, agora os clubs teñen unhas bases equitativas e transparentes para acceder as axudas,  o segundo paso, é a elaboración dun plan estratéxico do Deporte na provincia no que xa estamos a traballar coas entidades e clubs de toda a provincia".


Por último, Carmela Silva desexou a ambos equipos  sorte no partido de mañan.


Pola súa banda, o presidente do Choco, Iván Crespo, recoñeceu que esperan repetir o título do ano pasando acadando a Copa Deputación e que non cree que xogar a fase de ascenso "nos inflúa moito".


O vicepresidente do Alondras, Pepín García, sentiuse "orgulloso" de chegar a xogar a final da Copa Deputación e, sobre todo, " de competir co Choco, que está a xogar a fase de ascenso o que demostra o seu gran nivel".


Tamén o Vicepresidente da FGF e presidente do Coruxo, campo anfitrión da final, Gustavo Falque salientou que vai ser un "grandísimo partido con dous equipos do mellor da terceira división e con dúas grandes afeccións que espero que enchan o campo".


Os xogadores Molino do Choco e Giráldez  do Alondras coincidiron ambos nas "ganas de gañar a Copa Deputación". Así Molino subliñou que esperan acadar a Copa como o ano pasado e recoñeceu que o equipo está canso por toda a tempada e xogar o acceso pero "temos moitas ganas de lograr a nosa terceira Copa Deputación". Giráldez, pola súa banda, subliñou que foi un ano moi complicado "por moitas lesións pero que rematamos recuperando a moitos xogadores e incluso si chega a durar un pouco máis podíamos achegarnos ao Choco. Temos moitas gañas de acadar este título".


A Copa Deputación de Fútbol masculino, na súa novena edición,  contoueste ano coa participación de 131 equipos comprendidos entre a 3º autonómica e a terceira división galega. Organizada polas delegacións de Vigo e Pontevedra da Federación Galega de Fútbol, divídese en tres zonas, Vigo, Pontevedra e Deza-Tabeiros.


A comprendida na comarca do Deza-Tabeiros que agrupa a catorce equipos posteriormente se integran na zona de Pontevedra.


Na zona de Pontevedra xogaron un total de 58 equipos dende 3º autonómica ate a terceira división. No caso de Vigo foron 59 os equipos das mesmas categorías os que desenvolveron as distintas fases da competición.
A copa xógase mediante sorteo dos distintos equipos participantes en partidos eliminatorios, independentemente da categoría na que militen, e sempre no campo do de menor categoría, entre os meses de abril e maio.
Así a esta final chegaron o CD Choco, que xogou na zona de Vigo e o CF Alondras que xogou na zona de Pontevedra.


O Club Deportivo Choco, fundado en Redondela en 1953, quedou cuarto na Terceira División e está a xogar os “playoffs” de ascenso neste intre.


O Club de Fútbol Alondras, fundado en Cangas en 1928, milita tamén na  terceira división e quedou no sétimo lugar da táboa clasificatoria.


 O partida da final xogarase o mércores día 8 as 21 horas no campo de O Vao (Vigo). A entrada será gratuíta e realizarase un sorte de regalos entre os asistentes. Ao encontro foron invitados todos os equipos que participaron na Copa Deputación así como as escolas deportivas municipais da provincia.


Ademais a Copa Deputación contempla  a outros 25 equipos na copa feminina e una copa base  onde son máis de 900 equipos de todas as categorías xuvenís e alevís de toda a provincia, na que participan máis de mil xogadores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.