SALVATERRA DE MIÑO
Exposición de artes e oficios con bonecas
![[Img #25459]](upload/img/periodico/img_25459.jpg)
O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha exposición de artes e oficios con bonecas de porcelana, que se abrirá o vindeiro domingo día 19 de xuño e se ubicará no Castelo de Dona Urraca, punto onde está situada a Oficina de Turismo, que aparte de dar información sobre a propia exposición atende as visitas e da información sobre o conxunto histórico da Vila e todo o patrimonio e diversidade que ofrece o noso Concello e zonas limítrofes.
Esta exposición estará integrada por máis de 300 bonecas, Nancy antigas e bonecas de porcelana, así como por numerosos e variados obxectos en miniatura que dan un toque de gran realismo ás escenas que3 recrean o modo de vida tradicional e costumes na Galicia dos nosos antepasados.
As bonecas estarán vestidas na súa totalidade pola man de Carmen Costas, viguesa de formación autodidacta, que leva máis de 10 anos traballando nas labores de recopilación de bonecas e búsqueda de obxectos en miniatura.
A través desta colección recrearanse escenas de traballo no campo e no mar, oficios tradicionais, días de mercado e feira, festas e romarías, e un sinfín de imaxes da vida cotiá, costumes e tradicións de Galicia, nas que se mostra a riqueza do traxe tradicional, da nosa cultura e do noso patrimonio etnográfico.
A exposición terá lugar no Castelo de Dona Urraca, espazo histórico declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1949, e estará aberta ó público todos os sábados e domingos entre os días 19 xuño e 24 de xullo. O horario de apertura será os sábados de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e os domingos de 11:00h a 14:00h.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217