MOS
Uns 20 operarios multiplican esforzos para manter impecables os seus camiños e estradas
Vías e Obras e Limpeza Viaria traballan mañá e tarde desbrozando os viais mosenses.
![[Img #25465]](upload/img/periodico/img_25465.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías en Obras mosense, Luis Alonso, e o edil de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, supervisaron esta semana na zona da Veigadaña os traballos de limpeza viaria que están a acometer 20 operarios e operarias das concellerías de Vías e Obras e Limpeza Viaria.
Os representantes municipais eloxiaron o arduo labor que están a realizar estes traballadores, en horario de mañá e tarde, de xeito que os viais queden perfectamente desbrozados e en óptimas condicións para o tránsito de peóns e vehículos.
Respecto desta iniciativa municipal a rexedora, Nidia Arévalo, explicou que “a nosa planifición dende o Concello era contratar, como tódolos anos, unha empresa que fixera os traballos de limpeza viaria e que se ía financiar con cargo ó Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra, pero aínda que a solicitude para dito plan se presentou a comezos do mes de marzo, aínda non tivemos resposta e, non podendo demorar máis a espera, preocupados polo estado das estradas e a calidade de vida dos veciños e veciñas, puxemos todos os nosos medios municipais a funcionar”.
Neste sentido o edil Luis Alonso declarou que, “a pesar de que tivemos que facer imposibles e poñer ós operarios de Vías e Obras a traballar en limpeza viaria, estamos a conseguir realizar un excelente labor, tendo en conta a escasez de medios e a deixadez da Deputación”. E é que ademais de non contestar á solicitude municipal realizada fai máis de tres meses respecto do Plan de Concellos, a administración provincial tampouco asume a limpeza viaria das estradas da súa titularidade “tendoas feitas un desastre” –segundo comentan os propios concelleiros Alonso e Augusto- e ten o Parque de Maquinaria infrautilizado puidendo destinar máquinas do mesmo a realizar labores de desbroce nos camiños e estradas dos municipios.
Arévalo concluiu lamentando que “polo pasotismo da Deputación e a súa presidenta, dende o Concello teñamos que estar a multiplicar esforzos demostrando, por outra parte, que querer é poder; e a señora Carmela Silva non pode porque non quere: non quere prestar a Mos os servizos que lle corresponden e que os seus máis de 15.000 veciños e veciñas merecen”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149