Mos
A 12 veces campiona de España de baile, Patricia Martínez, xa ten un pavillón co seu nome
O acto de nomeamento celebrouse esta tarde coa presencia do vicepresidente da Xunta, Alfoso Rueda, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo
![[Img #25498]](upload/img/periodico/img_25498.jpg)
Esta tarde celebrouse o acto de nomeamento do Pavillón Castro-Mos como Pavillón Patricia Martínez dentro da programación das Festas da Rosa 2016. No acto estiveron presentes acompañando á bailarina homenaxeada, 12 veces campiona de España de Baile Deportivo, o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a edil de Cultura mosense, Sara Cebreiro, o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, os demais membros da Corporación Municipal, familiares e amigos de Patricia, alumnos e alumnas da Escola Municipal de Baile Deportivo adestrados por ela, e veciños e vaciñas tanto da parroquia como do municipio de Mos.
Sobre este acto a rexedora local, Nidia Arévalo, declarou que “hoxe é un día de gran relevancia tanto para o municipio mosense como para a vinculación deste Concello co Baile Deportivo, no que recoñecemos os éxitos deportivos de Patricia Martínez”.
Asegurou a alcaldesa que este xesto é “o mínimo que ten merecido a que probablemente sexa a deportista mosense máis importante e con máis títulos ás súas espaldas”. E é que a pesar de ter tan só 26 anos recén cumpridos, Patricia leva loitando e traballando na súa disciplina deportiva dende ben cativa.
O Pavillón de Castro-Mos, agora xa Pavillón Patricia Martínez, é o de máis recente construcción do municipio. Inaugurado a finais do ano 2012, é o único dos cinco pavillóns mosenses ubicado na parroquia natal de Patricia: a parroquia de Mos. E o máis significativo, é que Patricia Martínez deu precisamente os seus primeiros pasos de baile neste enclave. No lugar no que hoxe se ubica este pavillón atopábase antano a sede da asociación na que comezou a recibir clases de baile, o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia.
A alcaldesa quixo durante o seu discurso institucional agradecerlle a Patricia o seu esforzo, o ser un exemplo de superación, e levar o nome de Mos polo mundo adiante presumindo sempre de ser mosense. E destacou, así mesmo, que “Patricia Martínez é a nosa mellor embaixadora: unha muller nova, forte, traballadora, preparada e que demostra sempre o orgullo e o cariño que sente polo seu pobo”.
Por último deulle tamén as gracias Arévalo a Martínez polo arduo traballo realizado na Escola Municipal de Baile Deportivo de Mos.
O acto foi un encontro moi entrañable e emotivo no que a bailarina homenaxeada non puido reprimir as bágoas durante a súa intervención e durante a proxección dun vídeo sorpresa na súa honra que contaba a súa historia no baile, dende os seus inicios sendo moi nena, ata a actualidade.
A velada, que estivo ó seu inicio amenizada musicalmente pola violinista mosense Laura Morales Rejas, rematou cunha espectacular exhibición de Baile Deportivo a cargo de Patricia Martínez e Adrián Esperón e dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Baile Deportivo de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149