Mos
Rubén Blanco, porteiro do Celta, fixo lectura do Pregón das Festas da Rosa esta mañá na Praza do Concello de Mos
Charo González, veciña da parroquia de Dornelas, gañou o primeiro premio do concurso de rosas
![[Img #25500]](upload/img/periodico/img_25500.jpg)
Dende as 9:00 horas e ata ás 11:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Así mesmo, ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada polo Coro de Voces Brancas de Celado.
![[Img #25504]](upload/img/periodico/img_25504.jpg)
A lectura do Pregón chegou ás 12.00 horas e correu a cargo porteiro do Real Club Celta de Vigo, Rubén Blanco, mosense natural da parroquia de Guizán. Blanco contou, como Mestres de Cerimonias, co Bruxo Queiman e Andrea Pousa. O futbolista amosou con orgullo ás súas raíces de mosense na lectura dun pregón no que estivo visiblemente emocionado.
![[Img #25505]](upload/img/periodico/img_25505.jpg)
Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron: Premio á mellor presentación (150 euros): Sara das Dores e Premio ó mellor sabor (150 euros): Pilar Alonso.
![[Img #25506]](upload/img/periodico/img_25506.jpg)
Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron: 3º Premio (100 euros): Conchi Campos (de Pereiras); 2º Premio (150 euros): Mari Abella (de Petelos) e 1º Premio (200 euros): Charo González (de Dornelas)
Tras a entrega de premios chegaron as intervencións institucionais da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
![[Img #25507]](upload/img/periodico/img_25507.jpg)
Os actos matinais pecháronse cun concerto da Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos.
Todo o mundo puido probar a empanada con racións a prezos populares.
Este día grande das Festas da Rosa 2016 contou, entre outras autoridades, coa presencia de: Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, Ana Pastor, ministra de Fomento en función, Fátima Báñez, ministra de Emprego en función, Antonio Coello: subdelegado do goberno en Pontevedra, Ángel Rodal, alcalde de Baiona, Julio César García-Luengo, alcalde de Crecente
Na presente edición da Festa da Rosa destacou a afluencia de xente, a pesar de ser luns e de que a climatoloxía non acompañase, xa que choveu durante prácticamente toda a mañá.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149