Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno local de Ponteareas fai un balance moi positivo do primeiro ano de goberno

O goberno do BNG, PSOE e ARDT destacou a aprobación do PXOM, dos primeiros orzamentos dende 2010, as políticas de emprego e o incremento das axudas sociais.

[Img #25513]

 

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a primeira tenente de alcalde, María Jesús Garrote, e o cuarto tenente de alcalde, Manuel Troncoso, como voceiros das tres forzas políticas do goberno municipal de coalición (BNG, PSOE e ARDT) fixeron un balance "moi positivo" do primeiro ano de goberno municipal. Destacaron o bo entendemento de todo o goberno co obxectivo de colaborar para mellorar Ponteareas e o día a día da cidadanía.
Xosé Represas manifestou que a pesares da situación económica do Concello e dos graves problemas atopados neste primeiro ano, “traballamos intensamente e con rigor por parte do Goberno Municipal, foi un ano difícil pero tamén ilusiónante; puxemos as bases do cambio para os vindeiros tres anos, garantimos a estabilidade no Concello con un acordo que esta permitindo concretar a aprobación de cuestións prioritarias como os primeiros orzamentos anuais despois de 6 anos sen este documento básico para rematar co descontrol económico no Concello”.


O Alcalde resaltou a herdanza recibida do anterior goberno do PP, “ademais da débeda co Estado pola que nos embargan cada mes máis da metade dos ingresos, seguimos recibindo condenas xudiciais de elevadas débedas sen pagar con elevados intereses de demora e costas xudiciais ás que lle temos que facer fronte. Esta situación limita enormemente a capacidade para investir no curto prazo e incluso para atender neste ano o gasto corrente e o mantemento en boas condicións das instalacións públicas, estradas e camiños municipais”.


A aprobación do PXOM
Pola súa parte María Jesús Garrote resaltou o cumprimento dunha das principais prioridades de Ponteareas e do goberno municipal; a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal despois de trece anos de iniciados os traballos, “era urxente, pois permite dotar de seguridade xurídica a miles de vivendas  e locais comerciais e permitirá regularizar a situación de diversas empresas, co consecuente mantemento dos postos de traballo”. A concelleira de urbanismo tamén se referiu ao cumprimento doutro dos compromisos, a contestación por carta de todas e cada unha das case tres mil alegacións ao PXOM. Sobre o requirimento de documentación do PXOM por parte da Xunta de Galicia, a concelleira de urbanismo afirmou que será entregada no rexistro da Xunta en Santiago este luns, unha vez rematados os traballos este venres por parte da empresa contratada para o Plan.

 

 

 

Xosé Represas: “Neste primeiro ano de traballo intenso logramos sacar adiante prioridades como os primeiros orzamentos dende 2010, garantimos estabilidade no Concello, puxemos en marcha as primeiras medidas de cambio político pero queda moito por facer”

 

 


Amais, Mª Jesús Garrote tamén destacou a adhesión de Ponteareas á Área Metropolitana de Vigo ou a apertura do Portal de Transparencia por parte da Concellería de Novas Tecnoloxías na páxina web do Concello. “O Portal de Transparencia é  un fito que explica a actitude e o hábito de render contas ante á veciñanza coa posta en marcha de ferramentas de participación. É certo que hai que ir dotándoo de máis e máis contido, pero é o camiño a seguir”, resalta a primeira tenente alcalde.


“Neste primeiro ano tomáronse medidas concretas para solucionar moitas dos problemas e reclamacións da cidadanía sobre as estradas e camiños municipais, a iluminación pública, etc., así das 1.786 peticións rexistradas foron atendidas, ata este momento, case 1.300 peticións veciñais”, concluíu María Jesús Garrote.


Incremento das axudas sociais
Pola súa parte o concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso manifestou, “neste ano iniciouse o cambio nas políticas sociais para atender ás persoas que máis o necesitan; ofreceuse asesoramento aos afectados por desafiuzamentos, ás cláusulas solo, mellorouse o servizo de comedor para as nenas e nenos das familias con escasos recursos económicos”, engadindo que dentro das medidas máis relevantes está a modificación da ordenanza de axudas de emerxencia social, incrementando o número de familias que poden acceder ás axudas e incrementando os importes así como orzamento destinado a atender estas necesidades que se incrementou nun 50%. “Nos vindeiros tres anos realizaranse os cambios necesarios para centrar aínda máis os nosos esforzos na situación das persoas que están nunha situación máis precaria, esas son as nosas prioridades”, afirmou Troncoso.

 

 

 

María Jesús Garrote: “A aprobación do Plan Urbanístico. co máximo consenso, é un dos logros máis importantes deste primeiro ano de goberno”

 

 


Medidas para favorecer o emprego
O Alcalde resumiu as principais medidas dos primeiros 365 días, que se cumpren o 13 de xuño, salientando o esforzo do Goberno na posta en marcha de medidas para favorecer o emprego, subvencionando a creación de 14 novos postos de traballo,  ofrecendo oportunidades laborais aos cidadáns coma os novos obradoiros de emprego para 20 persoas dirixidas á albanelería en obras de rehabilitación e por outro lado a atención socio sanitaria de persoas no domicilio, ou o Plan de emprego que permitiu contratar neste ano a 34 persoas financiado con 250.000 euros dos fondos da Deputación para os Concellos, ou os 20 empregos para persoas en risco de exclusión social activados nesta semana.


Outras medidas
Ademais das medidas postas en marcha nas diferentes áreas de goberno, resaltaron as seguintes:
Cultura: A realización dunha completa axenda de actividades culturais e de lecer ao longo de todo o ano, destacando o apoio a eventos como o Festival Groba, o Rock in río Tea, Festival Internacional de Danza ou o Festival das Brétemas.

 

Ensino e infancia: A posta en marcha de iniciativas como o programa “Medrando a par” para ás familias con fillas e fillos de 0-3 anos, a “I Semana das Ciencias” o campamento de verán “Campus Tea”, medidas nas que xa participan centos de nenas e nenos

 

 

 

Manuel Troncoso: “Estamos incrementando as axudas sociais e incidiremos no cambio en políticas sociais para as persoas que máis o necesitan”

 

 

 

Participación Cidadá: Aprobación da ordenanza de Transparencia e realización de xuntanzas con todos os colectivos sociais e reunións abertas aos veciños en todas as parroquias para recoller as súas demandas e prioridades. Neste sentido tamén destacaron o consenso logrado de todas as forzas políticas e plataforma veciñal para urxir ao Ministerio de Fomento as melloras de seguridade viaria necesarias na N-120 e a construción do vial de conexión coa autovía entre outras medidas.

 

Seguridade Viaria: Inicio da reorganización da policía local co nomeamento nun novo oficial, creación da Agrupación Municipal de Protección civil e a realización de pintado e medidas de mellora de seguridade viaria no núcleo urbano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.