DEPORTES
II Xtrema Soutelo
![[Img #25595]](upload/img/periodico/img_25595.jpg)
A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu a presentación da II Xtrema Soutelo, unha proba absoluta cronometrada composta de un percorrido de 9 km., con diversos obstáculos que se celebrará o vindeiro 19 de xuño na Parroquia de Soutelo.
Tras o éxito acadado o pasado ano na primeira edición, esta proba consolídase con importantes cambios sobre todo no tocante ás probas, que serán moito máis atractivas e espectaculares que na primeira edición. Unha das probas estrela será a organizada polo Club Tideo de Tui, que colabora tamén de xeito desinteresado nesta edición da Extrema Soutelo.
Trátase dunha proba de atletismo con obstáculos naturais e artificiais, que vai transcorrer polos montes comunais da parroquia de Soutelo. Estamos a falar dunha das primeiras probas destas características na provincia de Pontevedra. Os participantes deberán ser maiores de 16 anos (os menores de idade con autorización), e poden formalizar a súa inscrición a través de Cronotec ata o vindeiro mércores 15 de xuño (10 €). As prazas son limitadas. Dende a organización recomendase a roupa de manga longa para participar na proba. A proba terá lugar ás 11:30, comezando coa entrega de dorsais aos participantes ás 10:00 no Centro Cultural do Borralliño (Soutelo).
Ignacio Souto, representante da Organización, destacou os servizos con que conta a proba: avituallamento, zona de duchas, agasallos para os participantes… Así mesmo agradeceu a implicación do Concello e os demáis colaboradores “sin os cales sería totalmente imposible sacar adiante este evento”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217