Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Frigolouro cede parte dos seus terreos en Atín para mellorar as dotacións do colexio

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e Manuel Gómez-Franqueira, presidente de Coren, asinaron no Concello o convenio de cesión.

Onte asinouse no Salón de Sesións do Concello de Mos a cesión de terreos próximos ó colexio de Atín por parte de Frigolouro á administración local mosense.

 

Estiveron presentes no acto de sinatura a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a secretaria municipal, Mª Ángeles García Villaverde, que deu fe do acto, e Manuel Gómez-Franqueira Álvarez en nome e representación de Industrias Frigoríficas do Louro-Frigolouro S.A. na condición de Presidente do Grupo Coren.

 

O que se asinou foi un convenio urbanístico polo que Frigolouro cede gratuitamente un terreo que mide na súa totalidade 10.910,00 metros cadrados e cuxa ocupación será de uso dotacional polo CEIP de Atín.

 

Decidiuse tramitar esta cesión neste momento dado que o Concello de Mos está a ultimar o procedemento administrativo para a aprobación definitiva do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos (PXOM).

 

A entidade mercantil Frigolouro, S.A., é titular duns terreos no municipio de Mos, lugar de Atín, dunha superficie total de 27.910,00 metros cadrados, procedente dunha parcela maior de 48.000,00 metros cadrados de superficie que resultou dividida en dúas áreas por mor dunha expropiación parcial do Ministerio de Fomento pola execución do novo viario, Autoestrada AP-9, que expropiou un total de 20.090,00 metros cadrados.

 

As dúas áreas defínense da seguinte forma: a área este de unha superficie de 10.910,00 metros cadrados, que é lindeira cos terreos de propiedade municipal nos que se empraza o colexio público de Atín e que foi cedida mediante a sinatura onte celebrada, e a área situada ao oeste, dunha superficie de 17.000,00 metros cadrados.

 

A superficie de terreo lindeiro co colexio público, reviste un especial interese para a expansión das dotacións deportivas e outros usos complementarios da actividade escolar, dado o reducido espazo do centro educativo para as súas actuais necesidades.

 

É por elo que tanto o Concello de Mos, como a empresa Frigolouro, S.A. consideraron oportuno, aproveitando o novo PXOM do municipio, posibilitar o adecuado desenvolvemento urbanístico dos citados chans, compatibilizando os intereses xerais concretados na necesidade de expansión das dotacións deportivas e educativas e usos complementarios do colexio público. Polo que o Concello manifestou o interese de incluír a área este de 10.910 metros cadrados  como un sistema xeral de uso dotacional mediante o sistema de convenio  urbanístico.

 

Ambas as partes intervintes manifestaron “a importancia social e educativa deste convenio de cesión” e celebraron poder telo feito realidade. A alcaldesa Nidia Arévalo, deulle as grazas a Manuel Gómez-Franqueira, cuxa familia cedera xa o edificio do Pazo de Mos para poder facer posible a súa rehabilitación, “pola xenerosidade amosada para co pobo mosense en xeral e, neste caso, en aras de beneficiar á comunidade educativa e optimizar as súas instalacións, en concreto as dependencias do colexio de Atín”. Gómez-Franqueira apuntou pola súa banda a “vontade de Frigolouro de continuar a colaborar co Concello de Mos en iniciativas deste tipo que tanto aportan socialmente”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.