SALVATERRA DE MIÑO
Unha pincelada que da vida
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E A ASOCIACION DE MICROPIGMENTACION ESTETICA, PARAMEDICA E ONCOLOXICA (AMEPO) FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA AREOLA SOLIDARIA.
![[Img #25642]](upload/img/periodico/img_25642.jpg)
O Concello de Salvaterra de Miño e AMEPO, a través da técnico de micropigmentación paramédica e oncolóxica, Menchu Carpente, veñen de asinar un convenio de colaboración que ten unha dobre finalidade, por un lado dar a coñecer e difundir un tratamento, descoñecido por moitos, e por outro a financiación de tratamentos de micropigmentación oncolóxica en pacientes de escasos recursos no municipio de Salvaterra.
As pacientes que sufriron un cancro de mama saben que despois da reconstrución que practica o/a ciruxano/a aínda existe un paso posterior para superar definitivamente a enfermidade, que é a reconstrución da areola ou a cor da mesma. Dende AMEPO reivindicase a labor de crear areolas idénticas ás das mamas sas. A técnica a empregar denomínase “hiperrealismo” e crea unha areola con pezón en tres dimensións, algo moi importante para a autoestima das mulleres e que permite pechar unha etapa, reproducindo incluso a aparencia rugosa desa área que rodea a areola, co fin sobre todo de mellorar a autoestima da paciente. Por iso o Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Servicios Sociais que dirixe Marta Valcárcel Gómez, uniuse a esta labor de difusión ademais de promover que todas as mulleres poidan optar a este tratamento, sexa cal sexa a súa situación económica, coa axuda que se canalizará a través dos Servicios Sociais.
A Campaña Areola Solidaria, foi posta en marcha por AMEPO, e pretende concienciarnos da realidade que viven moitas das mulleres que son sometidas a mastectomías tras sufrir un cancro de mama. Mediante a micropigmentación oncolóxica aumentase a autoestima da muller ao devolvérlle-la imaxe do seu peito totalmente reconstruído e constatando así que o final da súa enfermidade chegou.
En Galicia, soamente Menchu Carpente, técnico especialista en micropigmentación paramédica e oncolóxica con máster en micropigmentación oncolóxica, está acreditada para realizar esta técnica novidosa. Aproveitando o seu labor altruísta, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, tratarase ás mulleres veciñas do concello que non poidan custear este tratamento pola súa situación económica. O Concello, previa valoración polo departamento de servicios sociais, remitirá ás posibles beneficiarias, asumindo os custos materiais que sexan precisos. O resto do tratamento, que ven sendo todo o traballo técnico, será asumido por Menchu Carpente, na súa clínica.
O Concello de Salvaterra de Miño coa sinatura deste convenio, convertese nunha das primeiras administracións públicas de España en sumarse á Campaña Areola Solidaria, baixo o lema “Unha pincelada que da vida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217