GALICIA
A Xunta avoga por unha “resposta global e coordinada” á violencia de xénero na que se fortalezca a súa prevención
A titular de Igualdade, Susana López Abella, participou nas xornadas ‘As reformas do proceso penal producidas ao longo do ano 2015. O Estatuto da vítima, que organizou a AGASP na Estrada.
![[Img #25650]](upload/img/periodico/img_25650.jpg)
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, avogou onte por unha “resposta global e coordinada” á violencia de xénero, a través da asistencia integral ás mulleres vítimas e as persoas ao seu cargo, así como fortalecer a prevención desta lacra en calquera das súas modalidades.
López Abella fixo estas declaracións durante as xornadas As reformas do proceso penal producidas ao longo do ano 2015. O Estatuto da vítima (con especial atención ás vítimas da violencia de xénero e menores), que organizou a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP,) na Estrada. Así mesmo, explicou que o principal escollo na loita contra a violencia machista é a falta de denuncias, e destacou que, o ano pasado, só o 20 por cento das mulleres asasinadas denunciaran previamente. Entre as principais causas polas que a vítima non denuncia, a Secretaria Xeral fixo fincapé no medo, así como aos sentimentos de culpabilidade e vergoña, á presión familiar e do entorno ou o feito de non querer prexudicar ao agresor.
Igualdade está a facer un importante esforzo na prevención, especialmente a través de campañas de información e sensibilización e actuacións en centros educativos
Para intentar combater este problema, Igualdade está a facer un importante esforzo na prevención, especialmente a través de campañas de información e sensibilización con lemas como “Se hai saída á violencia de xénero é grazas a ti. Únete” (2015) ou “Se a maltratas a ela, maltrátasme a min” (2013/2014) e a presenza desinteresada de rostros famosos en eidos como o deporte, o espectáculo e a comunicación.
Así mesmo, Susana López Abella tamén destacou os programas, exposicións e recursos bibliográficos ofertados nos centros educativos de Galicia, campañas como a orientada a evitar o ‘sexting’ ou as xornadas para profesionais, nais e pais nas que se abordaban o uso das novas tecnoloxías e a ciberviolencia, entre outras actuacións.
A titular de Igualdade repasou os recursos a disposición das vítimas de violencia de xénero, como son os 80 Centros de Información á Muller distribuídos por toda Galicia e as cinco casas de acollida da Coruña, Ferrol, Culleredo, Lugo e Ourense, que sumadas ao Centro de Emerxencia de Vigo conforman a chamada “Rede galega de acollemento”.
Ademais explicou que desde mediados de 2014 Galicia conta co Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero (CRI), un centro pioneiro no que se desenvolve un modelo de atención integral baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico.
Desde 2009 o Goberno galego destinou preto de 19 millóns de euros ás axudas económicas para vítimas de violencia machista e beneficiou a unhas 2.500 mulleres
O final do capítulo sobre os recursos e servizos dedicoullo ás axudas económicas que a Xunta habilita para as vítimas da violencia de xénero, ben sexa na súa modalidade periódica, de pago único ou como indemnizacións. Desde 2009, o Goberno galego destinou preto de 19 millóns de euros a estas axudas e beneficiou a unhas 2.500 mulleres.
Por último, a secretaria de Igualdade destacou que Galicia é pioneira no Estado nun programa de inserción laboral dirixido a mulleres en situación de violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia. O programa de inserción laboral estase realizando este ano 2016 e continuará no 2017 cun investimento de 975.000 euros dirixido ás entidades sen animo de lucro para o desenvolvemento destes programas.
Xornadas
Estas xornadas están organizadas pola Academia Galega de Seguridade Pública e dirixidas por Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras, Magistrado Sección 1ª de la Audiencia Provincial de A Coruña. O tema principal destas xornadas son as reformas do proceso penal producidas o pasado ano 2015, facendo fincapé no estatuto da vítima, en especial ás que sofren violencia de xénero.
O programa está formado por catro relatorios e unha mesa redonda, con invitados de gran relevancia en materia de procesos penais. Nesta primeira xornada de hoxe presentaron os seus relatorios o catedrático de Dereito Público da Universidade de A Coruña, Agustín Pérez-Cruz e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. E na mesa redonda participaron a maxistrada do Xulgado de Instrución nº2 de Santiago, Margarita Guillén, a fiscal da Fiscalía da provincia de A Coruña, Ana María Castro e o Presidente da Audiencia Provincial de Ourense, Antonio Piña Alonso.
Na segunda e última xornada, mañá venres, terán lugar os relatorios do maxistrado da sala segunda do Tribunal Supremo, Antonio del Moral García e do maxistrado da sección 23 da Audiencia Provincial de Madrid.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149