Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación de Pontevedra acolle este venres a presentación da XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda

Carmela Silva e Antonio Lomba darán en Pontevedra os detalles do evento que terá lugar na localidade do Baixo Miño os días 1, 2 e 3 de xullo

Este venres, ás 11,30h., no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, preséntase a XXVI Festa da Langosta e da cociña mariñeira da Guarda, que se vai celebrar os próximos 1, 2 e 3 de xullo no porto da vila. A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, contarán os detalles da nova edición deste evento, Festa de Interese Turístico de Galicia dende 2014.

 

A oferta gastronómica da festa será ampla e, á parte da langosta, poderán degustarse máis de 20 produtos do mar e sobremesas. Pero coma todos os anos, na festa haberá tamén música, cultura, deporte, visitas turísticas e lecer para os máis pequenos. Simultaneamente desenvolverase a XXI Travesía a Nado no porto da Guarda, a Feira de Artesanía e a Exposición de Traxe Galego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.