PROVINCIA
A CIG-Servizos organiza unha marcha a pé en lembranza dos dous brigadistas mortos nun lume en Fornelos de Montes
A iniciativa en homenaxe de Rodrigo Amo e Julio Martínez terá lugar este sábado 18.
A marcha a pé en lembranza dos brigadistas mortos durante as labores de extinción dun incendio sairá ás 11.00 horas do Torreiro das Xunqueiras, en Pazos de Borbén, e percorrerá a senda do río Barragán durante cinco quilómetros.
A rota rematará na ponte do encoro do Oitavén, onde se atopa unha área recreativa na que máis tarde se celebrará un xantar de convivencia entre o persoal da empresa pública Seaga, á que pertencían os falecidos.
Previamente, ás 13.30 horas terá lugar un acto de homenaxe na Praza do Concello de Fornelos de Montes, a carón da placa colocada en memoria dos dous traballadores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149