Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Conde destaca a empresa EuroCKP como exempo da aposta do sector do granito galego pola innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións desta firma de Tui con motivo do seu 20 aniversario.

[Img #25689]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá, no polígono de Ribadelouro de Tui, as instalacións da empresa de transformación e comercialización do granito EuroCKP con motivo do 20 aniversario da súa fundación, da que destacou a súa aposta pola innovación e a internacionalización para incrementar as súas vendas nun 50% nos últimos cinco anos.

 

Conde asegurou que EuroCKP exemplifica os motivos polos que o sector do granito da comunidade consolídase como a segunda potencia europeo e a quinta a nivel mundial, unha industria que xera 4.000 postos de traballo, entre directos e indirectos; cunha facturación de 242 millóns de euros en 2015, un 15% máis que no exercicio anterior; e cun volume de negocio que medrou un 9% o ano pasado.

 

 

 

Sinala que a inversión de 2,2 millóns de euros feita por EuroCKP desde 2015 para reducir o consumo enerxético nun 40% se axusta a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3, que impulsa un novo modelo de xestión dos recursos naturais

 

 

 

O conselleiro sinalou o compromiso desta empresa tudense pola innovación e as novas tecnoloxías como fórmula para gañar en competitividade, o que favorece a súa expansión internacional, exportando granito a 30 países e máis de 1.000 clientes e coa previsión de aumentar este ano a su produción nun 14%, ata alcanzar os 800.000 metros cadrados. Así, a empresa investiu 2,2 millóns de euros no último ano e medio para incorporar novos equipos que favorecen a redución do consumo enerxético nun 40%. Neste sentido, a Xunta, a través do Inega, acaba de concederlle unha axuda de 200.000 euros a esta empresa para continuar coa súa aposta pola eficiencia enerxética.

 

Este impulso da innovación como ferramenta para a consolidación e crecemento do sector do granito coincide cos retos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na Estratexia de Especialización Intelixente RIS3, na que se incide no desenvolvemento dun novo modelo de xestión dos recursos naturais.

 

 

 

O Plan Renove dedica este ano 400.000 euros para fomentar o uso do granito nos edificios de vivendas, o que permitirá mobilizar arredor de 1,4 millóns e xerar preto de 100 postos de traballo

 

 

 

Conde agradeceu a colaboración do Clúster de Granito e do Centro Tecnolóxico do Granito para levar a cabo accións que contribúan a mellorar a protección da saúde dos traballadores do sector, así como a creación do Selo Galicia Calidade, un certificado que reforza a competitividade das empresas galegas. Ademais, a Xunta conta cunha nova convocatoria do Plan Renove do Granito, ao que destina 400.000 euros para fomentar o uso deste material nos edificios de vivendas.

 

A través desta colaboración autonómica con comunidades de propietarios e particulares, a previsión é executar máis de 40 proxectos, mobilizar arredor de 1,4 millóns de euros, xerar preto de 100 postos de traballo e mellorar o benestar das familias e a eficiencia enerxética dos fogares.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.