MOS
Chan do Bosque organiza unha fogueira para a noite de San Xoan
As actividades comezarán a partir das 17.45 horas da tarde.
A Asociación de Veciños Chan do Bosque de Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, organiza a súa propia fogueira de San Xoan que se celebrará o xoves 23 de xuño.
A programación de actividades comezará ás 17.45 horas da tarde para facer a recollida de herbas medicinais e, ademais de recolectalas, coñecer os seus diferentes nomes e propiedades.
A xornada vespertina contará tamén con xogos populares e agasallos para os máis pequenos, xunto con música e moita diversión coa amenización musical do grupo Amieiro e os acordeonistas da A.V.V. Chan do Bosque e As Lagarteiras das Pedriñas.
O lume e os conxuros da fogueira chegarán a partir de medianoite; e serviranse sardiñas, costela, chourizo, pan e viño a prezos populares. Organizarase tamén un sorteo e finalizarase cunha gran queimada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149