Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 18 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Escola de Cantería expón en Poio os traballos elaborados polo seu alumnado

A partir deste sábado 18 de xuño ás 12:00 e ata o 28 poderanse ver no Casal de Ferreirós 46 obras do alumnado da Escola de Cantería realizadas en granito, bronce, cemento e escaiola.

[Img #25693]

 

Desde hai máis de 37 anos a Escola de Cantería realiza, ao remate do curso, unha exposición dos traballos elaborados polo seu alumnado. Este ano, no Casal de Ferreirós, ata o 28 de xuño, poderanse ver 46 obras en granito, bronce, cemento e escaiola que amosan o traballo de modelado, positivado, baleirado, corte, pulido e fundición que elaboran as alumnas e alumnos nas diferentes materias que imparte a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

 

A exposición articúlase en tres partes: modelado e baleirado, cantería e escultura. No apartado de modelado e baleirado amósanse pezas en escaiola, ben sen pintar, pintada e policromada, escaiola con granito e cemento, un gran número delas policromadas.  Neste caso poderemos ver obras de Alejandro García Álvarez, Alexandre López Caamaño, Alexandre Martínez Souto, Cristian Jabois Pérez, Daniel Acuña Mariño, Daniel Fernández Areses, Daniel Moreira Viñas,  Esteban Casás Blanco, Francisco Escariz Jamardo, Jesús Nores Guerra, Jonathan Mariñas García, José Miguel Lorenzo Lagares, Miguel Moure Carro, Pablo Queiruga Portela, Paulo Álves da Costa Araújo,  Rodrígo García Giráldez,  Víctor M. Casal Nogueira  e Víctor Manuel Otero Sanjorge.

 

En cantería amósanse trece traballos en granito dispostos, polo peso das obras, no exterior do Casal de Ferreirós. En concreto, poderanse ver obras de Cristian Jabois Pérez, Daniel Acuña Mariño, Daniel Moreira Viñas, David Fernández Areses, Jonathan Mariñas García, José Miguel Lorenzo Lagares, Paulo Álves da Costa Araújo, Pedro Barranco Martínez, Raúl Martínez López, Víctor Manuel Casal Nogueira e Víctor Manuel Otero Sanjorge.

 

A escultura está representada por oito pezas de granito situadas tanto no exterior como no interior do Casal de Ferreirós dos alumnos Alejandro García Álvarez, Alexandre López Caamaño, Francisco Escariz Jamardo, Jason Pérez Domínguez, José Manuel Arca Núñez, José Manuel Mosteiro Abelleira,  Raúl Martínez López e Raúl Moreno de Paz.

 

Na actualidade cursan os seus estudos na Escola de Cantería un grupo de 45 alumnas e alumnos que rematarán o 29 de xuño. O vindeiro curso 2016/2017 comezará a principios de outubro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.