Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Turismo Rías Baixas recibe ás bolseiras e bolseiros cunha xornada formativa e unha visita guiada ao monte de Santa Trega

O deputado delegado, Santos Héctor, lembrou a importancia do eido do turismo como "ferramenta importantísima para creación de emprego".

[Img #25694]

 

O deputado delegado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez Díaz, recibiu esta mañá aos 27 bolseiros e bolseiras do departamento de Turismo e do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra nunha xornada formativa que comezou ás 9:30 horas da mañá na sede de Turismo Rías Baixas, o Palacete das Mendoza. Esta xornada, de carácter obrigatorio para as informadoras e informadores turísticos que se veñen de incorporar recentemente ou o van facer de inmediato nos servizos turísticos da Deputación e dos concellos da provincia, ten por obxectivo presentarlles as ferramentas informáticas coas que contarán nos seus postos de traballo, así como os demais procedementos que precisarán levar a cabo para cuestións do día a día tales como a petición de material ou coñecer, ademais, as súas condicións como bolseiras e bolseiros da Deputación.

 

O deputado delegado lembrou que malia que o novo persoal xa ten coñecementos, e algúns deles e delas xa traballaron anteriormente coa Deputación, "as xornadas formativas son moi importantes porque estamos nunha evolución constante, a cidadanía pide novas cousas" e, polo tanto, lembrou que a institución provincial traballa por que "a nosa provincia sexa máis atractiva e os nosos concellos reciban máis visitantes". Santos Héctor remarcoulles aos bolseiros e bolseiras que deben ser "un salto de calidade, xa que ides ser as caras, as voces, as ferramentas que van atopar os e as nosas visitantes de primeira man, o referente do seu boca a boca", asegurou.

 

Do mesmo xeito, o deputado delegado quixo pór en valor o eido do turismo, "do que ás veces se fala menos que do naval, do automóbil ou outras industrias", como "ferramenta importantísima para a creación de emprego a través do crecemento económico". Á súa vez, lembrou que o impulso dos plans de prácticas dos que provén o noso persoal de turismo son unha mostra "do que tratamos facer dende a Deputación".

 

Ademais da formación en aplicacións informáticas e na intranet de Turismo Rías Baixas, as bolseiras e bolseiros tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada ao monte de Santa Trega, na Guarda, a cargo do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Diego Piay.

 

Ademais, mañá 16 de xuño recibirán a persoal técnico do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formación no Sistema de Calidade Turística en Destino que impulsa a propia Deputación e diversas visitas guiadas: en primeiro lugar, ao Museo de Pontevedra, e xa pola tarde ás Adegas Martín Codax e a dos Eidos, en Cambados e Sanxenxo respectivamente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.