Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda de Caselas pecha o exercicio económico de 2015 "con superavit orzamentario"

[Img #25709]A débeda coas entidades financieiras sitúase a finais do 2015 nun 28% dos ingresos correntes dun ano. Ó remate deste ano situarase por debaixo do millón de euros.


O Concello de Salceda de Caselas acaba de pechar as súas contas do exercicio pasado e dalas a coñecer publicamente a través do documento de liquidación do orzamento do 2015.


Os resultados económicos que o Equipo de Goberno de Movemento Salceda fixo públicos reflicten no peche das contas "unha situación de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financieira dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 2/2012. Deste xeito os recursos correntes e de capital  son suficientes para facer fronte ós gastos correntes e de capital, obtendo unha capacidade investidora de 452.112,19 €, situación calificada como de equilibrio en termos de capacidade de financiamento municipal" segundo explican dende o concello.


Constátase o cumprimento da “Regra de Gasto” con respecto ó exercicio económico anterior polo cal o Concello de Salceda non superou o seu gasto en máis do estipulado polo Estado segundo o crecemento do PIB fixado polo Estado.


Pola diferenza dos dereitos recoñecidos netos (ingresos) de 4.260.620,33 € e as obrigas recoñecidas netas (gastos) de 3.382.961,77 € obtense o Aforro do Concello ó peche do exercicio e que segundo constata o informe da interventora municipal ascende a 532.079,6 € de Aforro Neto.  Por outra banda o remanente negativo de tesourería  mellora con respecto ó exercicio anterior en 248.314 €, quedando ó final do exercicio 2015 por debaixo do medio millón de euros.


O nivel de débeda do Concello de Salceda de Caselas coas distintas entidades financieiras redúcese considerablemente nos últimos 3 anos. Amortizouse neste tempo 6 dos 11 préstamos que existían por importe de máis de 700.000 €, pechando o exercicio 2015 en 1,1 millóns de euros e que representa un 28,46% dos ingresos correntes liquidados nun ano, moi por debaixo do límite do 75% de referencia para as administracións.


José Luis Gonzalez, Concelleiro de Facenda aseguraba que  “os datos ó peche do exercicio 2015 melloran substancialmente. Conseguimos un aforro orzamentario de medio millón de euros e reducimos a débeda municipal considerablemente o cal nos da marxe de actuación financieira, xa que cumprimos cos obxectivos que marca a Lei en materia económica e de Estabilidade”


Pola súa parte Marcos Besada explicaba que  “aínda estando gobernando en minoría e sufrindo recurtes constantes dende outras administracións, seguimos a traballar e a conseguir día a día manter os servizos básicos para a nosa cidadanía”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.