Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 24 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Mellora na Rúa Rosalía de Castro en Salvaterra

[Img #25710]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo o pasado xoves día 9 unha xuntanza de traballo co alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, ao que lle trasladou que o Goberno galego iniciará no verán as obras de mellora do firme e reposición de servizos na rúa Rosalía de Castro. Vázquez Mourelle sinalou que a Xunta licitou estas obras no pasado mes de abril por un importe de máis de 300.000 euros.

 

O treito a mellorar, ten unha lonxitude de 600 metros. Reporase o firme da calzada, dende a glorieta existente coa rúa do Miño ata o final do treito urbanizado, incluíndose tamén accións de instalación de novas redes de saneamento e pluviais.

 

Tamén se falou da senda peonil que se está levando a cabo na estrada PO-402 que vai dende o cruce de Oleiros ata a igresa, cuxo investimento é de preto de 60.000 euros.

 

Esta senda de medio quilómetro de lonxitude, pola marxe dereita da estrada, comunicará o núcleo de Oleiros co cemiterio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.