Ponteareas
Tres persoas intoxicadas en Ponteareas por unha reacción química de produtos fertilizantes
Tres persoas, unha delas menor de idade, resultaron intoxicadas esta noite en Ponteareas por unha reacción química duns produtos fertilizantes. Aconteceu nunha vivenda da parroquia de Ribadetea. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 3:45 horas desta madrugada.
O persoal do CAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Ponteares e á Garda Civil, que se desprazaron ao lugar. Tamén se deu aviso aos efectivos de Protección Civil. O persoal sanitario, pola súa banda, trasladou en ambulancia ás tres persoas afectadas ata un centro sanitario. Nun primeiro momento pensouse que as tres persoas sufriran unha intoxicación por monóxido carbono, algo que os Bombeiros xa descartaron. Todo apunta a unha reacción química por acumulación de diversos produtos, como fertilizantes ou abonos, entre outros.
Ademais, no interior da casa localizáronse multitude de animais, entre eles algúns de especies exóticas. Esta situación foi posta en coñecemento do Seprona. Tamén se alertou aos servizos sociais das condicións nas que foi atopada a vivenda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184