Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 02 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

As xogadoras da U.D. Mos de Fútbol 7 Feminino gañan a Liga Metropolitana por segunda vez consecutiva

[Img #25725]

 

Tras recibir a semana pasada ó equipo masculino da Unión Deportiva Mos, polo seu recente ascenso a Primeira Rexional ó erixirse campión da actual tempada 2015-2016, esta tarde celebrouse o acto de recepción do equipo de fútbol feminino da Unión Deportiva Mos con motivo do seu recente título de campionas da Liga Metropolitana 2015-2016. Levouse a cabo ás 18.30 horas, no salón de sesións do Concello de Mos.

 

Asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes e tenente alcalde de Mos, Alberto Méndez, o presidente da U.D. Mos, Pablo Serodio, as xogadoras do Equipo de Fútbol 7 Feminino U.D. Mos e membros do equipo técnico do Equipo de Fútbol 7 Feminino U.D. Mos, entre eles o seu adestrador, Telmo González.

 

Parece que a U.D. Mos está en racha, campións de Liga e ascenso a Primeira Rexional eles, e elas é o segundo ano consecutivo que gañan a Liga; xa que as rapazas do equipo feminino de Fútbol 7 da U.D. Mos quedaron tamén campionas de Liga a tempada pasada.

 

O último partido desta tempada xogárono contra o Filial do Olivo e gañárono cun resultado de 5-0.

 

Ó longo da tempada 2015-2016 as xogadoras da U.D. Mos de Fútbol 7 Feminino disputaron un total de 30 partidos, resultando vencedoras en 25 encontros, empatando en 3 e sendo derrotadas tan só en 2. Así mesmo mantivéronse ó longo de toda a tempada como líderes. Marcaron un total de 122 goles e encaixaron 16 tantos en contra.

 

O seu adestrador, Telmo González, calificou a tempada das súas xogadoras como “moi boa, tendo en conta que o obxectivo era consolidar o equipo no que conflúen xogadoras veteranas e novas”. A tempada que vén intentarán cambiar de categoría a Fútbol 11 Federado incorporando novas xogadoras de Vigo de gran nivel procedentes de equipos de ligas superiores e que coñecen por ter xogado contra elas en ocasións pasadas, así coma tamén outras procedentes do Porriño; perseguindo o fin de “confeccionar un equipo forte que poida facer grandes cousas a nivel deportivo e darse a coñecer tanto a nivel local como fóra do municipio”, explicou González.

 

O equipo feminino de Fútbol 7 da U.D. Mos formouse como unha fusión do Papos de Fútbol 7 e o U.D. Mos Feminino.

 

A rexedora local mosense agradeceulle á diretiva do clube o xeito no que o administra, pola súa responsabilidade e eficacia, “facendo un traballo encomiable”, dixo. Ademais Arévalo destacou a importancia do papel da muller no deporte en xeral, e no fútbol en particular, que logrou despuntar nunha práctica deportiva exclusiva do sector masculino ata non fai tanto tempo. “As mulleres continuamos a pisar forte e a demostrar que podemos despuntar e ser boas en tódolos ámbitos, entre eles boas deportistas e boas futbolistas; e parte dese mérito tédelo todas e cada unha de vos”, díxolles ás xogadoras da U.D. Mos.

 

Rematou a alcaldesa reiterando unha vez máis a noraboa a tódolas xogadoras e técnicos responsables da victoria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.