Mos
Palillada multitudinaria en Mos con motivo das Festas da Rosa
Finalmente foron 623 as palilleiras que hoxe participaron na novena xuntanza mosense
![[Img #25727]](upload/img/periodico/img_25727.jpg)
A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chegou este ano á súa novena edición cun auténtico récord de participantes. A mediados de semana os preinscritos ascendían a 615 persoas, pero ó final o número elevouse ata 623.
A IX Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrouse en Costoias-Tameiga dende as 10.30 horas de hoxe. E pola tarde achegouse ata alí a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e outros membros da Corporación Municipal.
A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos de Galicia se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitaron a localidade mosense asociacións de palilleiras chegadas dende Fene, A Guarda, Redondela, Pastoriza, A Coruña, Ourense, Laxe, Burela, Sanxenxo, Portonovo, Nigrán, Camariñas, Vigo, etc.
A de Mos é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias. Este ano foi ademais moi especial para a Asociación de Palilleiras de Mos, xa que contaron coa visita de Raquel M. Adsuar.
A xornada de encontro contou tamén coa actuación de Cristian de Samil, ás 17:00 horas, que foi o encargado de poñer o toque de humor a esta novena edición. O sorteo de agasallos e despedida realizouse ás 19.30 horas.
Previo á Xuntanza de Palilleiras de hoxe, a rexedora local, Nidia Arévalo, e a edil de Cultura mosense, Sara Cebreiro, recibiron onte no Concello a Raquel M. Adsuar, palilleira de Denia, Alicante, que acudiu acompañada pola presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Montserrat Pereira Troitiño e outras integrantes da agrupación. Raquel, blogueira reputada e moi seguida a través de Youtube, trouxo a súa peza de encaixe máis grande: un abanico confeccionado con 450 palillos e 23 puntos de encaixe diferentes. As dimensións desta auténtica obra de arte son dun metro de ancho por 40 centímetros de alto, trátase do abanico de Encaixe de Torchón máis grande do mundo, para o que a súa autora, que é ademais violinista profesional adicada á docencia, está a tramitar o Record Guinness. Raquel Adsuar tardou en remátalo catro meses e medio, adicándolle nalgunhas ocasións ata 15 horas diarias de traballo.
Durante a xuntanza de hoxe Raquel tivo exposto este abanico xigante e palillou unha nova peza para a que está a empregar un total de 2.000 bolillos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149