Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Máis de 200 persoas asistiron ó Foro de Emprego ‘Mos: Territorio de Oportunidades’

Celebrouse hoxe ó longo de todo o día no Pazo de Mos

[Img #25732]

 

A primeira hora desta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, daban por inaugurado oficialmente o Foro de Emprego ‘Mos: Territorio de Oportunidades’ que tamén clausurarán os representantes municipais a última hora desta tarde. Arévalo e Soto destacaron a gran acollida desta iniciativa, na que participaron un total de 211 persoas, entre as cales había sobre 15 ou 20 empresas, 30 usuarios do Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos; e o resto eran usuarios particulares que se inscribiron pola súa conta.

 

Este foro promoveuse dende a concellería de promoción económica, emprego e novas tecnoloxías do  Concello de Mos, para reforzar as políticas activas de emprego que se desenvolven anualmente dende esta entidade para favorecer a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas e a competitividade das empresas do entorno. Óscar Soto Abadín, resaltou hoxe a “importancia de innovar neste eido, e achegar á poboación e ao sector empresarial a labor de fomento do emprego que se desenvolve dende esta área”.

 

O Foro de Emprego está integrado nas actuacións derivadas do Plan Integrado de Emprego MOS 3.0. O PIE Mos 3.0. é un programa financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que iniciou a súa actividade en setembro do ano 2015, e que a tres meses do seu remate ten acadados case na súa totalidade o obxectivo que tiña previsto de inserción dos usuarios/as que participan no Plan, pero que o Concello ten a intención e traballa intensamente na procura de duplicar ese obxectivo mínimo. E é que dos 90 usuarios iniciais, 60 atópanse traballando a día de hoxe polo que tan só 30 acudiron ó Foro de Emprego

 

Ademais de a tódolos usuarios/as do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, o Foro ía dirixido tamén a toda a poboación en eral, e ás empresas e emprendedores/as, que sen dúbida podían ver neste Plan unha oportunidade de cubrir as necesidades de persoal que poidan ter na súa empresa, con traballadores/as cun perfil definido, tutelado, e cualificado con aquela formación que a empresa necesita.

 

Para o Concello de Mos o emprego e o crecemento económico é prioridade absoluta, e dia a día pon a disposición tanto da poboación como das empresas tódolos recursos dos que dispón en materia de emprego.

 

Este Foro tivo como obxectivo dar a coñecer as vías de acceso emprego ás que se poden acoller calquera persoa desempregada ou calquera empresa que queira contratar a persoal con certa garantía  de que os perfís se adapten ao que necesitan.

 

No mesmo houbo unha mesa onde interviron representantes de sectores empresariáis importantes, tales como a Federación Provincial de Hostelería, a Asociación de Empresas Medioambientales, empresas do sector comercial, bricolaxe, asistencia sociosanitaria a dependentes, empresas de fabricación e suministros, … que explicaron qué perfís son demandados no sector no que interveñen, qué tipos de procesos de selección se utilizan, e cómo acceder a eles. Estivo habilitada unha sala de networking para posibles consultas ou reunións entre empresas, ou entre empresas e participantes.

 

Haberá durante a tarde asímesmo, unha mesa –networking na que participarán axentes de intermediación no mercado de traballo, tales como Axencias de colocación públicas e privadas, consultoras de RR.HH., E.T.Ts, etc…

 

Ademais da sala de networking habilitada para que os participantes puideran interactuar con estas entidades, houbo unha sala 3.0  Working, zona de emprego, na que os/as participantes podían acceder a internet e consultar e candidatarse a ofertas de emprego nos distintos portáis de emprego que se indicaron durante todo o Foro, e as empresas asímesmo, puideron consultar coas distintas entidades o procedemento de dar de alta unha oferta nestes portáis.

 

O Foro pretende ser unha Xornada de Portas Abertas, -de referencia no Plan Integrado de Emprego Mos 3.0. e na Axencia de Colocación de Mos-, na que poidan interactuar empresas, participantes, e na que se poida encontrar todas aquelas ferramentas das que os participantes dispoñen para mellorar a súa competencia profesional, a súa disposición cara o emprego, o coñecemento daquelas entidades e empresas a través das cales se encontran vías de acceso ao mercado de traballo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.