Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Preto de 180 alumnos do Colexio de Atín coñecen en profundidade os Muíños da Salgueira en Pereiras

Trátase dunha actividade lúdico-didáctica que lles serve ós cativos de complemento educativo nos últimos días do curso escolar

 

[Img #25742]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro delegado de Educación, Camilo Augusto, acompañaron onte a escolares e mestres do CEIP de Atín durante unha visita guiada poloa Muíños da Salgueira en Pereiras, que puideron ver funcionando e moendo millo. Os participantes estiveron guiados por membros da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, que son ademais os encargados do mantemento e custodia dos muíños.

 

Os preto de 180 alumnos e alumnas do Colexio de Atín fixeron un percorrido a pé, acompañados polos seus profesores e profesoras, dende o centro educativo ata o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, en Pereiras, onde puideron coñecer e valorar o seu entorno máis próximo.

 

Os obxectivos desta iniciativa son favorecer o coñecemento do entorno cultural e natural do noso concello promovendo hábitos y actitudes positivos co medio que nos rodea, facilitar aos alumnos/as espazos de comunicación e socialización diferentes aos habituais co fin de que compartan experiencias beneficiosas, ofrecer alternativas de ocio saudable que supoñan unha alternativa ós contextos lúdicos que propician o desenrolo de condutas nocivas, promover a participación activa, a implicación e o divertimentos dos escolares do noso Concello a partir deste tipo de iniciativas, dinamizar o sendeiro dos muíños e integralo como espazo de utilización lúdico-educativa, coñecer os recursos naturais existentes ó redor do sendeiro, tanto a flora como a fauna que convive neste entorno privilexiado; e fomentar hábitos de coidado da natureza ademais de procurar espertar curiosidade e interese polo medio natural e as actividades ligadas a el.

 

Neste sentido, Arévalo, rexedora local mosense, declaraba durante a visita que “un dos maiores atractivos que atopamos é a enorme cantidade de muíños que contan parte da nosa historia, xa que constituíron a base da supervivencia e da vida no campo. Logo dunha época de progresivo abandono destas construcións populares, iniciouse un proceso de restauración das mesmas que permite que hoxe poidamos contar cun importante lugar de espallamento e lecer”.

 

Os membros da A.V.V. Nosa Terra de Pereiras, que fixeron as veces de guías, relatáronlles ós nenos e nenas presentes a historia e características destes muíños,(pezas das que se compoñen e como se realizaban as muiñadas), e explicáronlles os distintos elementos naturais que van atopándose polo camiño. Deste xeito, os escolares puideron coñecer mellor o rico entorno natural e cultural da localidade mosense.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.