MOS
Os escolares mosenses puideron coñecer o labor dos Corpos de Seguridade
O Parque da Pesqueira acolleu onte unha espectacular exhibición cun gran despregamento de medios tanto materiais coma humanos por parte da Garda Civil, Policía Local, Policía Xudicial, Protección Civil e Emerxencias.
![[Img #25805]](upload/img/periodico/img_25805.jpg)
Onte realizouse no Parque da Pesqueira, parroquia de Mos, unha actividade de exhibición dos Corpos e Forzas de Seguridade para alumnos e alumnas dos Centros Educativos de Primaria do municipio mosense, organizada conxuntamente entre o Concello de Mos e a Comandancia da Garda Civil.
A iniciativa prolongouse dende as 11.00 horas ata as 13.00 horas e disfrutaron dela un total de 514 escolares de Educación Primaria dos colexios de Atín, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e Colexio Lar.
Os cativos recibiron ademais a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, o concelleiro mosense delegado de Educación, Camilo Augusto, e a edil de Emerxencias, Julia Loureiro.
A actividade consistiu nunha gran mostra e exhibición de recursos dos Corpos de Seguridade tales coma a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Servizo Municipal de Emerxencias. Todos amosáronlles ós rapaces os materiais que empregan nas diferentes intervencións que realizan e explicáronlles tamén como se utilizan.
Así os nenos e nenas puideron coñecer os servizos de seguridade cidadá (patrullas), as unidades de tráfico (furgoneta de atestados co material específico de traballo), do Seprona (todoterreo, remolque, dúas motocicletas e material técnico de análise de mostras), Servizo Cinolóxico (dous cans detectores de explosivos e drogas que realizaron simulacros), EDEX (demostración de desactivación de explosivos en conxunto cos cans), Unidade Orgánica da Policía Xudicial (recollida de pegadas dactilares), GERS (grupos de reserva e seguridade dos corpos que interveñen nos eventos de grandes masas, concentracións, simulacros, manifestacións, etc.), embarcación do Servizo Marítimo, os GEAS ou mergulladores; e o protagonista estrela que foi o helicóptero, cuxa aterrizaxe causou verdadeira expectación entre os rapaces presentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149