GALICIA
Turismo de Galicia e Inorde acordan colaborar na promoción conxunta do xeodestino Manzaneda –Trevinca
Desenvolveranse novos produtos turísticos baseados en recursos como a ornitoloxía, a astronomía, ou o ecoturismo.
![[Img #25794]](upload/img/periodico/img_25794.jpg)
Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) achegarán 72.500 euros para a dinamización turística do xeodestino Manzaneda-Trevinca. Así se recolle no convenio de colaboración asinado esta semana entre a directora do organismo autonómico, Nava Castro, e o presidente do INORDE, Rosendo Fernández. No acto tamén estiveron representantes dos concellos beneficiados.
As accións a desenvolver teñen como obxectivo valorizar o turismo nesta zona mellorando a cualificación dos recursos humanos, a imaxe e a política de comunicación, a promoción e a comercialización do destino e mediante o deseño e desenvolvemento de novos produtos baseados no turismo deportivo, ornitolóxico, astronómico, gastronómico, enolóxico, industrial, familiar, cultural e no ecoturismo.
O convenio, que estende a súa vixencia ata finais de ano, actuará no ámbito territorial dos concellos de A Pobra de Trives, A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras.
Nava Castro explicou que o acordo pretende sensibilizar a veciños e visitantes sobre a importancia de preservar e poñer en valor os recursos culturais, enogastronómicos como os trens turísticos e as rutas do viño, e naturais como a certificación Starlight, xa que todas estas iniciativas son, segundo a directora, un importante factor de dinamización económica da rexión.
Neste sentido, Nava Castro enxalzou a tendencia positiva do turismo no xeodestino Manzaneda-Trevinca, que no primeiro cuadrimestre de 2016 xa rexistrou 7.875 viaxeiros aloxados e 15.202 pernoitas, o que supón un aumento dun 46% e dun 33,2%, respectivamente, en relación ao mesmo período do ano pasado.
Detalle de actuacións
No relativo á cualificación dos recursos humanos, o acordo asinado permitirá realizar unha análise das necesidades formativas, establecer un plan de formación de guías intérpretes e impartir actividades para dotar ao persoal de coñecementos en novas tecnoloxías aplicadas ao turismo e á hostalería, en idiomas, en atención ao cliente e en mercadotecnia, promoción e comercialización.
Doutra banda, redactarase un plan de comunicación e outro para a xestión de marca e elaborarase un manual de identidade corporativa. Así mesmo, desenvolverase unha plataforma web e realizarase a xestión do blog do xeodestino e das redes sociais do mesmo, así como tarefas encamiñadas á mellora da reputación en liña. Tamén se editará material divulgativo e impulsaranse actividades audiovisuais.
No eido da promoción e comercialización, redactarase un plan de acción e realizarase un estudo de benchmarking, así como manuais profesionais de venda do xeodestino e un plan de familiarización para profesionais. Tamén se buscarán acordos cos operadores turísticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149