Mos
Un gran espectáculo teatral pon o broche final ás Festas da Rosa
A compañía Os Sete Magníficos Máis Un interpretará o sábado Bivalvos como galegos!
![[Img #25818]](upload/img/periodico/img_25818.jpg)
A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe de que o vindeiro sábado, día 25 de xuño, pecharanse os actos da programación con motivo das Festas da Rosa 2016 co espectáculo Bivalvos como galegos! da compañía Os Sete Margíficos Máis Un.
Celebrarase ás 22.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso con entrada libre e de balde.
A compañía
Os Sete Magníficos Máis Un naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de paiasas e paiasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos.
Con espectáculos coma Dous pallasos en apuros ou O gordo e o calvo van ao médico e, máis recentemente Mañá será outro día ou Bivalvos como galegos!, Os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respectable ás máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e do bo facer teatral.
Recoñecida e aplaudida tanto polo crítico como polo público, Os Sete Magníficos máis Un converteuse na compañía pioneira en Galicia como renovadora do novo circo e clown.
O espectáculo
A peza busca arrincarlle ao público familiar as gargalladas grazas á actuación dos clowns Pedro Brandariz e Fran Rei, que levan ao escenario algúns dos seus mellores sketchs no Luar. A retranca, a crítica social dende o humor ou a rutina levada ao exceso conforman as ferramentas que emprega este dúo cómico para asaltar os espectadores coas súas chanzas. Unha oficina de emprego no que o traballo é pouco e malo, un quiosco con vocación de grandes almacéns ou un restaurante de alta cociña pouco xeneroso co bandullo son algúns dos escenarios polos que se moven Brandariz e Fran Rei para demostrar que, desde a risa, non hai nada máis ridículo que a vida cotiá.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149