GALICIA
O 061 de Galicia aconsella un ano máis ter precaución na noite de San Xoán
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega, recomenda un ano máis ter precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes durante a celebración da noite de San Xoán.
Como todos os anos nesta data, a Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal na franxa horaria na que ten lugar esta celebración ante o incremento da demanda sanitaria. Así, as intoxicacións etílicas ou por drogas, os accidentes de tráfico, as queimaduras, as alteracións da consciencia, as caídas e mareos, e as lesións producidas no contorno das cacharelas constitúen a causa principal das chamadas de consulta e asistencia sanitaria.
Por todo isto, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, coma un dos primeiros intervenientes nestes casos, considera imprescindible transmitirlle á cidadanía os seguintes consellos de prevención durante a celebración desta festividade.
En primeiro lugar, as tradicionais fogueiras desta festa supoñen un compoñente de perigo tanto polo lume como polo fume producido nestas. Por iso, é importante elixir o sitio onde facer as cacharelas. Non debe ser en lugares pechados, evitarase a proximidade de cables de alta tensión, e vixiarase sempre a altura e a distancia do lume a estes.
Para prender as fogueiras non deben utilizarse líquidos inflamables e non se debe tirar ao lume envases herméticos, sprays, pilas, nin manipular petardos cerca deste. É recomendable ter sempre á man extintores ou auga por se fose necesario. Logo de prender o lume debe evitarse que os nenos se acheguen ás fogueiras e extremar as precaucións se se achegan ao lume.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aconsella situarse de costas á dirección do vento, e evitar que as chamas e o fume se dirixan cara a vostede, para non sufrir as lesións causadas polo lume e por inhalación de fumes, especialmente se sofre dalgunha patoloxía respiratoria.
Á hora de saltar as cacharelas débense evitar as pezas de roupa sintéticas e utilizar preferiblemente as de algodón. No caso de que a súa roupa prenda no lume, non corra. Só conseguirá avivar as chamas e dificultar que as apaguen. Tírese ao chan e estombállese ou quede quieto mentres as apagan.
Se algunha persoa sofre algún tipo de queimaduras, é importante alertar ao 061 inmediatamente. Mentres chega a axuda, o médico da Central de Coordinación daralle os consellos necesarios. Como norma xeral, é útil lavar con abundante auga a zona afectada se a queimadura é de pouca extensión. No caso de que sexa extensa, non utilice auga fría por risco de hipotermia.
Tamén é importante non realizar desprazamentos en automóbil no caso de consumir alcohol ou drogas, xa que o consumo destes pode propiciar somnolencia e falta de reflexos, condicións que favorecen os accidentes de tráfico.
San Xoán 2015
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na noite de San Xoán do pasado ano 40 intoxicacións, seis accidentes de tráfico, con oito persoas implicadas, e dez queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 18:00 horas do martes 23 de xuño ata as 9:00 horas do mércores 24 de xuño. O 061 asistiu a maiores a 27 persoas por alteracións da consciencia, caídas e mareos, e lesións producidas no contorno das cacharelas.
A Coruña con 23 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de Pontevedra con 14, Lugo con dúas e Ourense con unha. A idade rexistrada nestes casos alcanza o pico de atención entre os 15 e os 24 anos, que supoñen o 42 por cento das persoas atendidas por esta patoloxía. Para asistir ás 40 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou a ambulancia medicalizada nun caso, mobilizou en 18 ocasións as ambulancias asistenciais e en nove ocasións mobilizáronse ambulancias convencionais. Das 40 persoas atendidas, 17 non requiriron traslado, oito foron trasladadas ao centro de saúde e 15 ao hospital.
As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron dez. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña catro casos, cinco en Pontevedra e un en Lugo. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 15 e 64 anos, sendo sete homes e tres mulleres. Do total dos pacientes, tres asistíronse no lugar, sen requirir traslado, e sete trasladáronse a un centro hospitalario.
No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse oito persoas en seis accidentes de tráfico. A Coruña rexistrou catro accidentes e Pontevedra dous. A idade das persoas atendidas polo 061 abrangue desde os 20 anos en adiante. Para asistir ás oito persoas implicadas, o 061 mobilizou a ambulancia medicalizada nunha ocasión, en nove casos as ambulancias asistenciais e nunha ocasión acudiu o médico de atención primaria. Do total de persoas atendidas, sete foron trasladas a un hospital e unha asistiuse no lugar sen requirir o traslado a un centro sanitario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149