Sábado, 24 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Álvaro Pino recibe unha homenaxe no IES Pedra da Auga polo 30º aniversario do seu triunfo na Volta Ciclista a España

Inaugurouse un mural en memoria da famosa vitoria do corredor ponteareán, deseñado e elaborado polo alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato

[Img #25848]O Ciclista ponteareán, Álvaro Pino achegouse o pasado mércores ata o IES “Pedra da Auga” convidado pola Dirección do Centro e o profesor de Lingua Galega Matías da Torre, a fin de compartir co alumnado de 1º e 2º da ESO as súas experiencias deportivas, pero sobre todo para conmemorar o 30 aniversario do seu triunfo na Volta Ciclista a España.

 

A xornada tomou forma de entrevista, e despois da presentación do profesor do Centro, tanto o alumnado como a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández fixeron numerosas preguntas sobre o gran acontecemento do ano 1986, o recibimento que tivo o corredor en Ponteareas e sobre a súa traxectoria profesional no ciclismo ata o día de hoxe.

 

“Con 18 anos, comecei na categoría amador, e nunha competición en Santiago de 130 quilómetros, gañei, e xa tivo repercusión local. Aos poucos, chanzo a chanzo, pedalada a pedalada, superando moitos atrancos fun facendo un oco.  É importante non coller atallos nin no deporte nin na vida, devagar, con constancia, fanse as cousas sempre mellor.”, aconsellou, non se antes animar ás rapazas e rapaces do Pedra da Auga a estudar moito e compaxinar os estudos co deporte.

 

Pino lembrou a súa etapa como Director deportivo dende 2008 do “Xacobeo Galicia”, que disputou as competicións continentais profesionais, ata o ano 2010, no que a Xunta de Galicia retirou o seu apoio e condenou á desaparición á equipa. “É sempre importante o traballo de base que se realizan desde os diferentes clubs nas vilas e cidades, mais aínda é tan importante ter un referente, un equipo profesional como foi o Xacobeo Galicia, unha saída profesional para os ciclistas e unha magnífica publicidade para o deporte galego e o nome de Galicia polo mundo adiante”, reivindicou.

 

Tras a charla, os alumnos do 1º curso de bacharelato de Debuxo Artístico agasallaron a Álvaro Pino cun mural, rememorando a vitoria de fai xa 30 anos na Volta á España. O deseño foi elaborado por Uxía Loureiro e Aroa Carballido.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.