Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 28 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación impulsa unha exposición itinerante para dar a coñecer o drama dos refuxiados en Europa

“Exodus: o drama dos refuxiados en Europa” arrancou en Pontevedra e pódese visitar no Concello da Guarda ata hoxe

A Deputación de Pontevedra converte a exposición “Exodus: o drama dos refuxiados en  Europa”, de Felipe Carnotto e Adrián Irago, en itinerante tras o seu éxito no Pazo Provincial da institución provincial. O primeiro concello que acolle a mostra itinerante é A Guarda, onde pode visitarse na casa do concello ata hoxe, posteriormente dirixirase a Caldas (1 ó 15 de xullo), Salceda de Caselas (19 de xullo ó 1 de agosto), Nigrán (2 ó 15 de agosto), Forcarei (16 ó 31 de agosto), Catoira (1 ó 14 de setembro), Moaña (16 ó 30 de setembro), Tomiño (3 ó 17 de outubro) e Rodeiro (18 ó 31 de outubro).

 

“Exodus: o drama dos refuxiados en Europa” amosa  a través das fotografías de Felipe Carnotto e Adrián Irago as vivencias persoais na denominada ruta dos refuxiados. As imaxes foron tomadas polos fotoxornalistas galegos entre setembro e outubro do ano pasado, e reflicte a viaxe das persoas refuxiadas na súa viaxe por Lesbos e os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

 

A través desta exposición, a institución provincial pretende sensibilizar á cidadanía sobre a dramática situación que están a vivir miles de persoas refuxiadas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e desprazarse a Europa fuxindo de diferentes conflitos bélicos, principalmente de Siria, Iraq e Afganistán. Trátase, como asegurou Carmela Silva, “da maior crise humanitaria do noso tempo, polo que a Deputación ten a obriga ética e moral de non mirar para outro lado e facer un chamamento ás institucións europeas para que, desde unha posición humanitaria, proporcionen acollida ás persoas que foxen da guerra e da miseria”.

 

Segundo a Organización Internacional para Migracións, no 2015 chegaron a Europa 1,2 millóns de refuxiados, dos cales o 25% eran menores de idade e preto de 3.700 persoas faleceron no Mediterráneo durante o éxodo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.