Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 28 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Volta Ciclista a España 2016 pasará por Ponteareas o vindeiro 21 de agosto

A organización da Volta Ciclista a España, a segunda etapa da mesma- que unirá Ourense e Baiona nun percorrido de 159 quilómetros- pasará por Ponteareas. A Volta, que este 2016, na súa 71ª edición, sae de Ourense e na que se disputarán sete xornadas en territorio de Galicia, terá na segunda etapa a primeira en liña do seu itinerario, logo da contrarreloxo por equipos do primeiro día.


De acordo cos datos facilitados pola organización, os ciclistas pasarán por Ponteareas a partir das 16.00 horas do vindeiro domingo 21 de agosto, circulando pola estrada N-120 ao seu paso pola vila, aínda que a caravana que acompaña aos deportistas transitará polo concello unha hora antes do paso dos deportistas.


A Volta 2016 se disputará do sábado 20 de agosto ao domingo 11 de setembro ao longo de 21 etapas, cun percorrido total de máis de 3.277 quilómetros. Haberá 7 etapas chas, dúas con final en alto, 12 etapas de media e alta montaña, unha contrarreloxo por equipos e outra individual. Os ciclistas terán que pasar 51 portos de montaña, cubrir 39 quilómetros crono en solitario e preto de 30 por equipos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.