GALICIA
A Xunta asina o pacto ambiental con ENCE
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet deron conta nunha rolda de prensa do contido do Pacto Ambiental, asinado esta tarde entre a Xunta e Ence.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet, asinaron onte o Pacto ambiental con ENCE, un acordo realizado ao amparo do decreto 295/2000 de 21 de decembro, no que se recollen máis dunha decena de actuacións a través das que a empresa compromete preto de 200 millóns de euros nos próximos catro anos en distintas iniciativas que beneficiarán especialmente a Pontevedra e á súa comarca, pero tamén a outros puntos de Galicia.
Na esta sinatura, celebrada na delegación da Xunta en Pontevedra, estivo presente tamén o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o secretario xeral de Calidade Ambiental, Justo de Benito.
Este pacto constitúe unha folla de ruta completa, na que se inclúen medidas concretas, cos seus orzamentos e calendarios de execución respectivos. De feito, todas as actuacións recollidas no documento vanse iniciar este mesmo ano.
O documento asinado constitúe unha folla de ruta que inclúe medidas concretas, cos orzamentos consignados para cada unha delas e cos seus respectivos calendarios de execución
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que quede negro sobre branco o compromiso de ENCE con Pontevedra e a súa comarca, tal e como lle reclamou a Xunta; ao que engadiu que se trata dun compromiso de investimentos en materia ambiental, económica e social, que redundará directamente en beneficios para todos os cidadáns de Pontevedra e de Galicia.
Así, entre os investimentos, inclúese unha partida de 30 millóns de euros para a mellora da eficiencia no complexo industrial de Lourizán. En concreto, con respecto a estas últimas, cabe destacar que 12 millóns se consignarán á redución do impacto acústico e de olores; uns 15 millóns ao tratamento e rexeneración de augas no complexo; e preto de 4 millóns á integración paisaxística.
Investimento social e investigación
O pacto inclúe tamén un compromiso de dotación de 3 millóns de euros anuais para o desenvolvemento dun novo Programa marco para a posta en marcha de actuacións de carácter social e ambiental que beneficien á comarca de Pontevedra. Isto desenvolverase tamén a través dun convenio e as súas actividades concretaranse ano a ano no seo da Comisión mixta de seguimento deste acordo, que estará conformada por dous membros da Consellería de Medio Ambiente e dous por parte de ENCE.
Recollese tamén un investimento de 10,6 millóns de euros para a creación dun Centro de investigación e desenvolvemento especializado na explotación sustentable dos recursos forestais, que situará a Pontevedra á vangarda da investigación neste eido. Do total, ENCE destinará 5 millóns para o acondicionamento dunha sede en colaboración coa Xunta. Para este centro, a Administración autonómica considera que se plantexe como sede o Pazo de Lourizán.
No pacto confírmase a colaboración de ENCE, con 15 millóns de euros, para o proxecto de ampliación e modernización da EDAR de Praceres que desenvolverá a Consellería de Medio Ambiente
No documento ratifícase tamén a achega de 15 millóns de euros co que a empresa colaborará na ampliación e modernización da EDAR de Praceres, o que redundará nunha mellora fundamental na depuración e saneamento de augas da ría. Neste caso tamén, as condicións do investimento concretaranse nun convenio que se asinará nos vindeiro trimestre.
A isto súmase a construción e posta en marcha dun novo centro de coxeneración de biomasa nas instalacións de Lourizán, así como de tres novos centros de bioenerxía en distintos puntos de Galicia.
A conselleira, que cualificou o Pacto como “ambicioso e beneficioso”, recordou que o Goberno galego seguirá exercendo un control rigoroso no cumprimento dos requisitos medioambientais, así como no control da execución destes compromisos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149