Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 30 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Participación Cidadá organiza unha viaxe a Peniche con motivo da Mostra Internacional de Encaixe

Asistirán as palilleiras mosenses pero a inscrición na excursión está aberta á poboación xeral.

A concellería de Participación Cidadá mosense organiza unha excursión a Peniche, Portugal, que terá lugar durante os días 23, 24 e 25 de xullo.

 

A excursión realizase xunto coa Asociación de Palilleiras de Mos, xa que os seus membros acudirán á Mostra Internacional de Bilros, que se celebra nesa cidade portuguesa.

 

O prezo da viaxe por persoa é de 198 euros (con suplemento de habitación individual de 50 euros). Con ela a concellería de Participación Cidadá pretende ofertar á poboación do municipio a posibilidade de coñecer outros lugares fóra da comunidade galega, con gran riqueza e encanto cultural e paisaxístico. Neste caso, aproveitando a Mostra Internacional de Encaixe que se realizará dende o 21 ó 24 de xullo en Peniche, e a asistencia das palilleiras da Asociación de Palilleiras de Mos, os veciños e veciñas mosenses terán a oportunidade de coñecer os monumentos e natureza da poboación de Peniche.


 
Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán apuntarse no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos.

 

O prazo de inscrición rematará o vindeiro luns, 4 de xullo, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

 

Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día 5 de xullo farase pública a lista de admitidos/as.

 

O número máximo de participantes é de 52 e o número mínimo é de 45.

 

Esta excursión que, como xa se dixo, está programada para os días 23,24 e 25 de xullo, terá centralizada a súa saída dende Puxeiros (parada de autobús) e Sanguiñeda (Queen) ás 7:00 horas da mañá do día 23. A viaxe inclúe todos os desprazamentos en  autocar gran turismo, estancia de dúas noites nun hotel de catro estrelas, réxime de pensión completa durante toda a viaxe (excepto o almorzo do primeiro día, que é voluntario, e a comida do segundo para aqueles que o desexen), guía acompañante dende orixe e seguro de viaxe.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.