Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 04 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Plan Concellos 2016 aporta 63.000 € a Tui para a realización de obras no pavillón da Macoca

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tui sitúase no 58%, o que supón un investimento na vila de 555.079,69 €.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 62.599,83 € ao concello de Tui para a realización de obras no interior do pavillón da Macoca dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 247.855,86 € na liña 1 para a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais "Alcalde Álvarez Durán", a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano e a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes, así como 30.819 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido) e financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e 213.805 €, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

 

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 58,3% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de 555.079,69 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.