MOS
Volven a Mos as Mañás de Verán
Trátase do campamento infantil estival que pretende a conciliación da vida familiar e laboral e que cada ano se fai máis popular.
Esta semana iniciouse o campamento infantil estival Mañás de Verán, que este ano realízase no colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos. Esta mañá comezaba a primeira quenda, que rematará o 15 de xullo, e aínda permanece aberto o prazo para inscribirse nas segunda, terceira e cuarta quendas.
Un ano máis, a concellería de Educación do Concello de Mos pon en marcha os campamentos matinais para os nenos e nenas do Concello en idade escolar. Esta experiencia está pensada para que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivan novas e enriquecedoras experiencias.
Como en anos anteriores, na presente edición bríndanse actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as.
Con esta iniciativa, ofrécese de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os pais e nais do Concello de Mos, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas.
Outros dos obxectivos deste campamento estival son favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do entorno máis próximo e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas do municipio.
Participan nas Mañás de Verán nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados e residentes en Mos.
Como xa se dixo, o proxecto desenvólvese este ano nas instalacións cedidas para este evento no CEIP Mestre Martínez Alonso, na parroquia de Mos, que contan cos espazos e servizos necesarios para a realización da actividade, así como un área de interese moi próxima (Pazo de Mos, Paseo do Louro, etc.) que facilita a posibilidade de realizar actividades no exterior.
A iniciativa prolongarase durante os meses de xullo e agosto en horario matinal de 9.00 horas a 14.00 horas, e distribúese en 4 quendas que son: 1ª quenda do 1 ao 15 de xullo (ambos inclusive), 2ª quenda do 18 ao 29 de xullo (ambos inclusive), 3ª quenda do 1 agosto ao 16 de agosto (ambos inclusive) e 4ª quenda do 17 ao 31 de agosto (ambos inclusive).
As persoas interesadas en que os seus fillos/as participen na segunda, terceira o cuarta quenda das Mañás de Verán deberán cubrir unha solicitude de inscrición para o campamento debidamente asinada polo pai/nai ou titor do/a menor e achegando o que nela se solicita, facendo constar a quenda na que o/a menor está interesado/a. De quedar prazas vacantes os/as participantes poderán solicitar participar noutra das quendas onde se terá en conta a necesidade familiar coa conciliación da vida laboral, de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles.
A solicitude de inscrición está a disposición do público, na concellería de Educación no edificio Multiusos, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello, www.mos.es, apartado descargas.
O prezo por quenda e neno é de 40 euros, se hai algún interesado en engadirlle os servizos de comedor e/ou aula matinal, deberán aboar un suplemento a maiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149