Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 06 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Mocidade organiza coa colaboración da asociación Monteaventura a ruta volante da Lenda das Cinco Irmás

Aberto o prazo de inscrición para maiores de 16 anos desta actividade gratuíta que afronta un percorrido, ao longo de 70 quilómetros, pola historia de Ponteareas, coñecendo os cinco montes vixiantes do Val do Tea: a Picaraña, a Franqueira, San do Medio, Ascensión e San Cibrán.

A ruta volante desenvolverase entre os días 14 e 17 de xullo, coa opción de pasar a noite no camiño, cunha dificultade entre media e alta, facendo unha media diaria de 16 quilómetros. Os participantes levarán comida de seu para afrontar a xornada. Na camiñada polo Val do Tea poderán visitar restos arqueolóxicos do medievo, o Castelo de Sobroso, o Castro de Troña, un cemiterio do século VIII ou o foso da raposa de Guláns.


Disque en tempos de loitas e inxustizas, matanzas e pecado, tempos escuros de maldade, cinco irmás decidiron dedicar a súa vida a loitar contra esas calamidades na comarca. Xuntáronse un día debaixo da ponte das Partidas e decidiron marchar en cadansúa dirección para facer o ben. Disque tanto ben fixeron, facendo tornar aos homes da senda do mal, que quixo o ceo que alí onde foran enterradas, creceran sobre os seus corpos cinco montes en sinal de recoñecemento ao seu traballo. E aínda hai máis, porque disque cada un dos cinco montes creceu de maneira que todos eles miraban en dirección á Ponte das Partidas, dando continuidade á promesa que as cinco irmás fixeran un día baixo os seus arcos, vixiándose eternamente e protexéndose entre sí.


Os interesados nesta iniciativa de sendeirismo que tenta mostrar a riqueza cultural, botánica e etnográfica dos arredores de Ponteareas teñen ata a data de inicio, o 14 de xullo, para inscribirse ben no Centro Social da rúa Oriente, en horario de 9.30 a 13.30, ou ben no correo electrónico voluntariado@ponteareas.gal, ou no teléfono 687764516.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.