Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 05 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O mosense Daniel Martínez, gañador do concurso de debuxo do Consorcio de Augas do Louro

O cativo, de 9 anos de idade, realizou unha fantástica creación pictórica sobre o ciclo da auga.

[Img #26048]Os gañadores mosenses deste concurso de debuxo posto en marcha polo Consorcio de Augas do Louro foron Daniel Martínez Castro de 9 anos de idade e alumno de 4º curso de Educación Primaria do CEIP de Petelos (primeiro clasificado), Elena Gamallo Cea de 10 anos de idade e alumna de 4º curso de Educación Primaria do CEIP de Petelos (finalista) e Mara Lorenzo González de 9 anos de idade e alumna de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Atín-Cela (finalista).

 

Nesta iniciativa participaron todos os centros educativos do Concello de Mos, os cinco colexios públicos: CEIP de Petelos, CEIP Pena de Francia, CEIP Atín, CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos e Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda; e o Colexio Lar. Todos aceptaron participar moi gustosamente por considerala unha iniciativa moi enriquecedora, instructiva, didáctica, educativa; así coma creativa e divertida para os alumnos e alumnas que cursan Educación Primaria.

 

Os estudiantes podían realizar as súas creación artísticas sobre calquera das fases do ciclo da auga e/ou do proceso de depuración e as obras foron sometidas a votación popular a través de Facebook.

 

O concurso ía dirixido a todos aqueles nenos e nenas que se atoparan cursando 3º e 4º cursos de Primaria, ademais de no Concello de Mos tamén nos outros tres municipios integrantes do Consorcio de Augas do Louro: O Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Os nenos e nenas tiñan que amosar nos seus debuxos como a auga chega dende a natureza ata as súas casas utilizando os diferentes elementos que forman o ciclo integral da auga. Para iso, os debuxos debíanse presentar no papel oficial que o Consorcio do Louro subministraba para este concurso.

 

Os participantes que quixeran ver unha referencia gráfica de como é o ciclo da auga podían facelo na páxina web do Consorcio de Augas do Louro.

 

Entre todos os debuxos participantes realizouse una preselección de 6 debuxos por Concello. Estes debuxos estiveron dispoñibles no enlace de Facebook habilitado dende a páxina web www.consorciodolouro.es para que os usuarios puideran votar e elixir ao gañador e aos dous finalistas de cada Concello dende o 30 de maio.

 

O premio para os catro gañadores (un por cada Concello) foi unha tableta Samsung 7’’ e o premio para os oito finalistas (dous por cada Concello) foi unha cámara dixital acuática.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.