NIGRÁN
A Deputación firma o convenio con Nigrán para impulsar o sendeiro azul de praia América-Panxón
Carmela Silva e Juan Antonio González Pérez asinaron esta semana o acordo que porá en valor a Fonte de Praia América e instalará mobiliario ao longo do sendeiro.
![[Img #26122]](upload/img/periodico/img_26122.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, asinaron esta semana no Pazo provincial un convenio de colaboración para a realización de actuacións de mellora no sendeiro azul do Litoral Ecosistema Dunar Praia América-Panxón. Cun orzamento de 16.666,66 €, a institución provincial achegará o 80% do investimento total, 13.333 €, mentres que á corporación municipal lle corresponde o 20% restante, o que se traduce en 3.333,33 €.
O alcalde de Nigrán salientou que, grazas á sinatura deste convenio, non só "se nos vai axudar a manter mellor este espazo" senón que tamén servirá para "dalo a coñecer, a darlle máis publicidade" e ofrecer, á fin e ao cabo, "unha imaxe mellor do que é o noso concello", asegurou. Sobre o sendeiro azul, asegurou que "se ben non se trata dun espazo degradado, si que non está o suficientemente coidado", razón pola que se amosou satisfeito pola posta en marcha deste proxecto da institución provincial, que vai permitir "pór en valor unha fonte de principios de século e as chamadas ‘casetas de Ramiro'" ou "recuperar o espazo público situado preto de Monte Lourido", salientou o alcalde.
A Presidenta lembrou que este convenio enmárcase na "liña de cooperación cos concellos, que para este Goberno provincial é fundamental". Unha cooperación que se concreta, neste caso, cunha actuación que serve para a busca da contribución ao sostemento, promoción e difusión dos sendeiros azuis e así crear "un sólido nexo de unión entre concellos veciños". Ademais, lembrou Carmela Silva, este convenio ten por obxectivo "pór en valor a natureza, a historia, a cultura e a etnografía do patrimonio litoral da nosa provincia, que é sen dúbida moi rico e diverso e, polo tanto, algo que coidar e protexer".
Unha vez máis, a provincia de Pontevedra está á vangarda en canto á excelencia de recursos turísticos. Pontevedra, que conta este ano con 11 sendeiros azuis, é a provincia española con maior número de distintivos nesta categoría. Por este motivo, dende o Goberno provincial está en marcha un programa de posta en valor e acondicionamento destes sendeiros azuis, cunha dotación de 183.333,26 €, dos que a Deputación aporta o 80% e os municipios o restante 20%. Nigrán é o segundo concello en asinar o presente convenio, despois de que Ponte Caldelas fixera o mesmo no mes de xuño
Os outros sendeiros azuis da provincia son o Roteiro de Donón (en Cangas), Camiño a Beiramar, Senda entre faros e Senda litoral e do Monte da Guía (en Vigo), o Cabo Udra (na vila de Bueu), a Senda Bao-Xestelas (A Illa de Arousa), a Senda litoral da Guarda (na Guarda), o Sendeiro da Calzada (en Ponte Caldelas), o Sendeiro litoral de Baiona (na vila de Baiona) e, por último, o Sendeiro Azul Ruta das Praias (en Marín).
Os sendeiros azuis son rutas que enlazan praias ou portos con bandeira azul con elementos naturais do seu contorno, contribuíndo así á posta en valor dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos da provincia. O sendeiro azul de Nigrán une as praias de Panxón e a da Ramallosa. O sendeiro azul de Nigrán, que acadou este título en 2013, localízase nunha enseada orientada cara ao oeste entre Monte Ferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muíños, dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América. Este sistema tivo que ser restaurado tras ser practicamente derrubado hai varias décadas por mor dunha excesiva urbanización.
Lembramos tamén que o sendeiro azul de Nigrán forma parte, ademais, do programa "Depo Andainas" da Deputación, actividade gratuíta que nace despois de realizar unha serie de melloras sobre o anterior "Sendeiros Rías Baixas", e que ten por obxectivos poñer en valor o territorio da nosa provincia e impulsar a preservación do medio ambiente provincial, ademais de impulsar á vez hábitos saudables entre a cidadanía. Entre as principais novidades atópanse desde a propia celebración das rutas, escapando dos días máis calorosos do verán, ata engadir dous autobuses para trasladar aos participantes, incluír ás Illas Atlánticas no programa e impulsar a participación dos concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184