Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 09 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Un dispositivo de loita contra incendios dotado de 14 traballadores comezará a operar este mes

O Concello de Mos contratará, grazas á subvención de Medio Rural, 5 operarios e 9 condutores durante a tempada estival.

O Concello de Mos inicia a súa campaña municipal contra incendios deste verán para a que a administración local vai contratar, grazas ó convenio por tres anos asinado coa consellería de Medio Rural, 14 traballadores: 5 operarios integrantes dunha brigada forestal e 9 condutores para os vehículos motobomba; así informaron esta semana a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente e Emerxencias, Julia Loureiro.
Este convenio antes asinábase anualmente e agora, con esta firma por tres anos, conséguese unha maior estabilidade do servizo prestado.


O proceso de contratación iniciarase ó día seguinte da publicación do pertinente anuncio en prensa, data na que os candidatos poderán comezar a presentar as súas instancias durante un prazo de cinco días hábiles.


As bases poden ser consultadas no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina web municipal www.mos.es
Estes 14 novos traballadores estarán operativos todo o verán para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Emerxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.


A edil Julia Loureiro declarou “a importancia deste dispositivo de loita contra incendios, pero incidiu en que é preciso concienciar á cidadanía para intentar diminuír desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos. Por iso insistimos en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non séxan vítimas dos lumes”.


4 motobombas
A principios deste mes o Concello de Mos recibía a cesión en propiedade pola consellería de Medio Rural dun camión motobomba. Coa incorporación deste camión -a maiores dos tres dos que xa dispoñía a administración local mosense- o Servizo Municipal de Emerxencias, Extinción de Incendios, Rescate e Salvamento de Mos suma un total de catro camións motobomba optimizando os seus medios de cara á prestación dun servizo máis rápido e eficaz. O Servizo Municipal de Emerxencias naceu como resposta urxente á necesidade de dotar ó municipio dunha fórmula eficaz, rápida e profesional para asistir as urxencias, extinguir incendios, previr sinistros e situacións de risco tanto a nivel local como na bisbarra, xa que dende aquí coordínanse as accións nesta materia do resto da comarca.


Trátase dun servizo público que tanto palía necesidades como promove a previsión, prevención e rehabilitación nos campos da seguridade e medio ambiente. Traballa na loita e prevención contra os incendios forestais, verteduras e vertedoiros incontrolados, coidado e atención a animais domésticos e silvestres abandoados e/ou perdidos, e organización de campañas de concienciación en centros educativos en colaboración con outros organismos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.