Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 13 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos activa un plan urxente de limpeza de cunetas e beiravías das estradas municipais

[Img #26199]

 

O Concello adxudicou no día de onte traballos por valor de 121.297,78 euros, que se desenvolverán durante catro meses e nos que se dedicarán 8 horas diarias a limpar e rozar as cunetas das parroquias.

 

O Concello de Mos iniciará esta semana un plan de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do municipio, para o que contará con maquinaria e persoal suficientes para poder acometer dun xeito rápido a limpeza de cunetas e roza de marxes.


 
Trátase de evitar o efecto prexudicial que a vexetación ocasiona nas estradas, non tan só na vida do firme, polo feito de impedir unha rápida evacuación das augas, senón tamén polas graves dificultades que orixina ao tránsito como consecuencia da redución da visibilidade que ocasiona.

 

Tras a recente adxudicación do servizo, a alcaldesa de Mos, Dª. Nidia Arévalo, e o concelleiro de Limpeza Viaria, D. Cándido Pérez, anunciaron que se iniciarán de xeito inminente os traballos, en cada unha das parroquias de Mos.

 

"Este plan urxente  de limpeza viaria fíxose especialmente necesario debido ao retraso da subvención solicitada á Deputación Provincial no pasado mes de marzo, e da cal aínda tivemos razón a semana pasada. Por tanto, e debido á climatoloxía favorable para o crecemento da maleza, dende o pasado mes de xuño, tivemos que recorrer a persoal propio do Concello destinado a Obras e Servizos para realizar este labor, un persoal municipal que fixo un esforzo encomiable para suplir a tardanza da chegada da subvención  destinada a ese fin” conclúe a rexedora municipal

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.