BAIONA
A finais de verán comezarán as obras de reforzo da seguridade e reforma do carril bici da Estrada Vigo-Baiona-A Guarda
A actuación prevé substituír os actuais separadores de formigón por outros de goma rebasables, ampliando o espazo ao que pode percorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade.
![[Img #26221]](upload/img/periodico/img_26221.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, avanzou esta semana que a Xunta iniciará a finais de verán as obras de reforzo da seguridade viaria e de reforma do carril bici da estrada entre Vigo, Baiona e A Guarda (PO-552), ás que destinará 800.000 euros. A conselleira, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou hoxe o proxecto para actuar nesta estrada como unha actuación “de consenso” que pretende compatibilizar as necesidades dos peóns, dos ciclistas e dos condutores.
A conselleira salientou que este proxecto foi redactado polos especialistas da Axencia Galega de Infraestruturas e na súa elaboración se recolleron as demandas dos alcaldes, da Federación Galega de Ciclismo e de diversos expertos en seguridade viaria.
Así mesmo, destacou que a solución técnica conta coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, coa que a Xunta traballa coordinadamente tanto neste proxecto como no impulso de campañas específicas de seguridade viaria.
O proxecto, elaborado polos técnicos de Infraestruturas, recolle as consideracións dos alcaldes e da Federación Galega de Ciclismo
Ademais, Vázquez Mourelle indicou que a actuación prevista é coherente co Plan Galego de Seguridade Viaria 2015-2020 posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de ofrecer unha maior protección os usuarios mais desprotexidos das estradas.
Na súa intervención, a conselleira resaltou que o proxecto prevé substituír os actuais separadores de formigón presentes nesta vía por outros de goma rebasables, que amplían o espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade.
Ademais, dotarase esta estrada de beiravías máis anchas, nas que será posible a práctica do ciclismo deportivo mentres que o carril bici se estreitará e quedará convertido nunha senda mixta de utilidade tanto para peóns como para ciclistas turísticos.
Por último, intensificaranse a sinalización nas rúas e beiravías para concienciar e sensibilizar a todos os usuarios sobre a importancia de respectar a tódolos usuarios das estradas.
A conselleira destaca que a solución técnica conta coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, coa que a Xunta traballa coordinadamente tanto neste proxecto como no impulso de campañas específicas de seguridade viaria
Con esta medida, a Consellería de Infraestruturas busca respectar todos os tipos de usuarios desta vía mediante a realización de varias actuacións para compatibilizar as necesidades de peóns, ciclistas e condutores e incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables.
Ethel Vázquez explicou que, en total, actuarase ao longo dos 51 km de lonxitude do carril que une Vigo con Baiona e A Guarda. O inicio das actuacións está previsto para finais do verán unha vez se reduza a conxestión de tráfico da zona por causa do turismo e contarán cun orzamento de 800.000 euros por parte do Goberno Galego. De esta forma, poderase finalizar por completo a senda o inicio do próximo ano.
A Consellería de Infraestruturas está a iniciar os trámites para contratar as obras, que se prevé que comecen a finais de verán e rematen entre finais deste ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184