Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O plan para desenvolver 1.600 vivendas protexidas en San Paio de Navia superará o trámite ambiental en 4 meses

A Xunta salienta que o Plan para desenvolver 1.600 vivendas protexidas en San Paio de Navia superará o trámite ambiental nun prazo máximo de 4 meses desde que o Concello de Vigo o solicite. Así o manifestou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, que xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o subdirector xeral de Medio Ambiente, Carlos Calzadilla, ofreceron unha rolda de prensa para aclarar as informacións e reiterarlle ao Concello “que solicite canto antes o informe ambiental para que o Goberno galego o poida tramitar coa máxima axilidade”.

 

Heriberto García subliñou que a nova tramitación ambiental non vai supoñer ningún retraso no desenvolvemento do polígono, sempre que o Concello tramite con dilixencia a modificación do plan parcial e non poña trabas á mesma. Neste sentido, precisou que a necesidade do Informe Ambiental Estratéxico vén determinada polas esixencias da Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental e mediante a ‘tramitación simplificada’ o prazo medio é de tres meses, fixándose un máximo de catro.

 

López Chaves indicou que a realización deste trámite é unha obrigación legal que cómpre respetar para acadar a seguridade xurídica neste Plan. Engadiu que o Concello de Vigo dispón do documento ambiental dende hai máis dun mes e a Xunta non o recibiu para poder iniciar a tramitación.

 

O director xeral do IGVS destacou que se continúa coa oferta pública de adquisición de solo publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 30 de xuño e mantense a previsión de iniciar as obras de urbanización da ampliación do solo residencial de San Paio de Navia en 2017 para que o mesmo estea a disposición dos promotores a finais de 2018.

 

O Goberno galego trasládalle ao Concello de Vigo a súa total colaboración para avanzar neste proxecto estratéxico para a cidade olívica, especialmente pola caída do PXOM, que impide novos desenvolvementos urbanísticos para atender a demanda de vivenda protexida na zona. Para o executivo autonómico é prioritario o rápido desenvolvemento do solo residencial de San Paio de Navia para dotar á cidade do solo necesario para a construción de vivenda protexida.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.